1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (1 Votos)

031112 naufragiopateraEstado espanhol - Esculca - A pesar de localizadas e fotografadas por un avión que participaba na Operación Indalo, a Frontex non mobilizou dispositivo algún para resgatar as decenas de persoas que viaxaban nunha patera en perigo de naufragio. Finalmente foron socorridas pola Garda Civil española, que tentou entregar as sobreviventes a Marrocos, denuncian varias ONGs.


Varias decenas de inmigrantes pereceron afogados no día de onte cando trataban de alcanzar a costa española. A pesar de que foron localizados e fotografados, antes de naufragar, por un avión de Frontex que participaba na Operación Indalo, esta axencia non procedeu a mobilizarse para o seu salvamento. Este correu  a cargo de Salvamento Marítimo da Garda Civil, unha vez que pereceran afogados decenas dos tripulantes da patera, rescatando18 persoas e recuperando os corpos de 14 dos afogados, permanecendo desaparecidos uns 40.

Denunciamos a pasividade de Frontex, por non acudir ao rescate destas persoas.

Denunciamos o intento da Garda Civil de entregalas a Marrocos, onde foron levadas de inmediato, o que non lograron ao non aceptar ese país facerse cargo dos náufragos.

Responsabilizamos destas mortes, que se suman a varios millares máis acaecidas nestes anos na costa africana e do Mediterráneo, ás políticas de control de fronteiras no mar que impulsa a UE e o estado español.

Reclamamos que o Goberno español non castigue aínda máis os sobreviventes desta traxedia, expulsándoos aos seus países de orixe e que permita a súa estadia legal no noso país por razóns humanitarias. As organizacións abaixo asinantes, ante a posibilidade de que estas persoas sexan conducidas a un Centro de Internamento, mobilizarémonos para que sexan respectados todos os seus dereitos.

Esiximos o fin desta política de peche de fronteiras que está a converter o Mediterráneo nunha fosa común.

Asinan: Andalucía Acolle, Asociación Prol Dereitos Humanos de Andalucía, ELIN e Federación estatal de SOS Racismo, organizacións membros, no estado español, da rede euro-africana Migreurop.

Foto: 20 minutos - Naufragio.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.