1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (1 Votos)

130518 blesaEstado espanhol - Sermos Galiza - En menos de 24 horas, o expresidente de Caja Madrid, Miguel Blesa entrou e saíu do cárcere de Soto del Real, após os seus avogados depositaron a fianza de 2,5 millóns que o xuíz demandaba. 


Menos de un día despois de ter entrado en prisión, a foto de Miguel Blesa saíndo de Soto del Real encende a opinión pública ao permitirse de novo estar libre despois de ter pagado 2,5 millóns de fianza. 

Os acontecementos sucedéronse con inusitada rapidez. O encarceramento de Blesa por delito societario, apropiación indebida e falsidade de documento público levou a que o goberno se gabara da igualdade de todo o mundo diante da xustiza. Poucas horas despois, a posibilidade de Blesa de xuntar en tan pouco tempo os 2,5 millóns de euros que lle permiten saír do cárcere levantan de novo ampolas, ao ter depositado o banqueiro de Caja Madrid a fianza, despois de estar acusado de provocar un buraco de 500 millóns na entidade da que, en menos de tres anos recibiu 12,4 millóns ao ser substituído no cargo por Rodrigo Rato. 

Despois de Mario Conde que atravesou a porta do cárcere hai vinte anos, Blesa é o primeiro banqueiro que entra en prisión a resultas dos efectos da compra hai cinco anos do City Bank de Florida que contribuíu a afundir Caja Madrid co buraco de 500 euros. 


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.