O Diário Liberdade utiliza cookies para o melhor funcionamento do portal.

O uso deste site implica a aceitaçom do uso das ditas cookies. Podes obter mais informaçom aqui

Aceitar
Arquivado em: 1º de maio  
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

270412 crEstado espanhol - Corrente Vermelha - Por unha saída obreira e popular á crise!


O pasado 29 de marzo, millóns de traballadores/as manifestamos na folga e na rúa o noso rotundo rexeitamento á reforma laboral, aos recortes e aos plans de guerra social do goberno. Nunca un goberno cultivou tanto rexeitamento en tan pouco tempo. A derrota electoral en Andalucía, máis de 430.000 votos perdidos en tres meses e unha folga xeral son a mellor demostración da impopularidade dun goberno que actúa ao mandato de Merkel e Sarkozy.

Aínda así un día despois da folga o Goberno presentou os Orzamentos Xerais do Estado máis restritivos dos últimos 30 anos. O recorte de gastos anuncia ao redor de 700.000 novos despedimentos, nova subida de impostos e taxas universitarias, máis recortes á educación e a sanidade públicas. E mentres aplican estas novas medidas de guerra social contra os traballadores/as e o pobo, conceden unha amnistía fiscal aos defraudadores.

Pregoan austeridade mentres o xefe do Estado pégase a gran vida cazando elefantes e facendo ostentación de luxos.

Móstranse "patriotas" para defender a unha multinacional como Repsol, que non conta sequera con maioría española no accionariado e declara no Estado español só o 25% dos seus beneficios, á vez que son sumisos até a vergoña cos bancos alemáns e franceses que expolian o país.

Este goberno non toma unha soa medida pensando no drama de 6 millóns de parados/as, de miles de familias desafiuzadas, de mozas que non teñen nin futuro nin presente, de traballadores de Concellos que levan meses sen cobrar os seus salarios, etc. Todas as medidas están ao servizo de seguir pagando a débeda dos banqueiros e encher os petos das grandes empresas e multinacionais.

E ten encima a desvergoña de ameazar con endurecer o código penal, de forma abertamente anticonstitucional, para reprimir as protestas sociais.

Nin dar tregua nin implorar polo pacto social

Os dirixentes de CCOO e UXT dixeron que darían de prazo ao Goberno até o 1º de Maio e se non rectificaba anunciarían novas mobilizacións.

Pois ben, o Goberno, lonxe de rectificar, profundou o seu ataque aos traballadores/as. E ante isto que propoñen Toxo e Méndez? Dirixíronse unha e outra vez ao Goberno rogándolle que negocie. Negociar que? Que modifique a reforma laboral e poña no seu lugar o acordo que eles asinaron en xaneiro coa CEOE. Un acordo que contemplaba entre outras cousas a redución salarial, o aumento da flexibilidade laboral, maior poder de decisión ás empresas sobre cuestións esenciais (distribución do tempo de traballo, mobilidade funcional,...).

Un acordo que aceptaba que os convenios colectivos faciliten que o empresario poida distribuír irregularmente o 10% da xornada anual ordinaria e contemplar medidas de maior flexibilidade cando a empresa queira.

Tratar de converter a Folga Xeral ou as manifestacións do 1º de Maio en mobilizacións en defensa do pacto social subscrito coa CEOE é unha burla a millóns de traballadores/as e un acto de súplica vergonzante ao Goberno.

Pola continuidade: nova folga xeral e plan de loita até botar abaixo a reforma laboral e os recortes sociais.

A vontade expresada o 29M por millóns de traballadores/as foi clara, non queremos a reforma laboral nin aceptamos os recortes. Ese foi o sentido da folga e ese debe ser o camiño a seguir.

O 1º de Maio debe ser unha verdadeira xornada de loita xunto aos traballadores/as do resto do mundo, en especial quen, como en Grecia, enfrontan os mesmos plans que enfrontamos aquí.

Un 1º de Maio de repudio ás medidas do Goberno e de esixencia a todas as organizacións sindicais da convocatoria dunha nova folga xeral.

Chamamos a todos os traballadores/as, en activo ou en paro, a todas as organizacións de clase, aos/as novos, ao movemento 15M, a que fagamos unha verdadeira manifestación obreira contra as medidas do Goberno, pola repartición do traballo, por unha sanidade e educación públicas e de calidade, polo dereito á vivenda e contra os desafiuzamentos. Por un plan de rescate dos traballadores/as e o pobo. Pola suspensión do pago da débeda pública.

Folga xeral e plan de loita até botar abaixo a reforma laboral e os recortes sociais!

Por unha saída obreira e popular á crise!

A crise que a paguen os capitalistas!


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Adicionar comentário

Diário Liberdade defende a discussom política livre, aberta e fraterna entre as pessoas e as correntes que fam parte da esquerda revolucionária. Porém, nestas páginas nom tenhem cabimento o ataque às entidades ou às pessoas nem o insulto como alegados argumentos. Os comentários serám geridos e, no seu caso, eliminados, consoante esses critérios. Aviso sobre Dados Pessoais: De conformidade com o estabelecido na Lei Orgánica 15/1999 de Proteçom de Dados de Caráter Pessoal, enviando o teu email estás conforme com a inclusom dos teus dados num arquivo da titularidade da AC Diário Liberdade. O fim desse arquivo é possibilitar a adequada gestom dos comentários. Possues os direitos de acesso, cancelamento, retificaçom e oposiçom desses dados, e podes exercé-los escrevendo para diarioliberdade@gmail.com, indicando no assunto do email "LOPD - Comentários".

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: diarioliberdade [arroba] gmail.com

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.