1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

240412 Minuteman3launchEstado espanhol - Esculca - Análise do Centre Delàs per a la Pau.


O gasto militar real do Estado español, a pesar da grave crise das contas públicas, diminuíu tan só un 6,3%, e sitúa o de Defensa como un dos ministerios que mellor parados saen nos recortes do Goberno Rajoy. Respecto do PIB sitúase no 1,6%, o dobre do que di o Ministerio de Defensa, representa 46,6 millóns de euros de gasto diario e 366 euros per cápita anuais.

A crise non aperta igual a todos os ministerios do Estado. Aínda que é certo que o orzamento do Ministerio de Defensa do exercicio 2012 diminúe respecto ao ano 2011, non o fai na mesma proporción que o resto de ministerios. Se os orzamentos recollen que o axuste é dun 16,9% de media, o Ministerio de Defensa diminúe tan só un 11%, e, desde logo a moita distancia daqueles ministerios que manteñen o denominado "estado de benestar", é dicir, as políticas de gasto social, que sofren recortes en proporcións moito máis altas. Así, Sanidade e Servizos Sociais diminúen un 13,7% e Educación e Cultura un 21,2%. Do mesmo xeito recórtanse os orzamentos daqueloutros ministerios que deberían ser os motores da recuperación económica, como Industria, Enerxía e Turismo que cae un 31,9%, Fomento, onde a obra pública retrocede un 18,4%, ou as axudas á investigación en I+D que retroceden un 25,6%.

Ademais, o gasto militar analízase tendo en conta o criterio OTAN, seguindo as recomendacións deste organismo militar ao que España pertence, e que aconsella sumar todas aquelas partidas militares que están repartidas por outros ministerios, gastos aos que cabe engadir os intereses da débeda pública proporcionais a Defensa . A súa xustificación baséase en que se unha parte do alto índice de endebedamento do Estado é debido aos investimentos militares, é de caixón incorporar os intereses da débeda destinados ao mantemento das forzas armadas. O resultado final é que as cifras superan en máis do dobre a contía do Ministerio de Defensa, pasando de 7.411 aos 15.834 millóns de euros que suma o gasto militar inicial en 2012. A porcentaxe de diminución respecto ao ano pasado é do 6,95%, sensiblemente inferior ao anunciado polo Goberno español.

Aínda así, estas cifras sobre o gasto militar son enganosas, pois unha cousa é o gasto militar orzado inicialmente, e outra cousa moi distinta o gasto real liquidado ao peche do exercicio. De feito, durante o transcurso do ano incorpóranse moitos recursos ás partidas que estiveron insuficientemente dotadas. Recursos que proveñen principalmente do Fondo de Continxencias, desde onde se custean as misións militares no exterior. Estas recibiron un orzamento inicial en 2011 de 14 millóns de euros, cando en realidade se gastaron 861.


O mesmo acontece con boa parte dos investimentos en armas, onde ao final do ano se consumíron 582 millóns de euros máis que os inicialmente asignados . Tamén hai que engadir as desviacións provenientes do alleamento de propiedades do Ministerio de Defensa (cuarteis, vivendas e terreos). Estes maiores gastos que se van producindo ao longo do ano só os coñecémos ao finalizar o exercicio, cando nos presentan a liquidación final do orzamento.

Así, o orzamento de Defensa do ano 2011 aprobouse anunciando unha diminución do gasto de 594 millóns de euros, e agora sabemos que a liquidación provisional (aínda non é definitiva) mostra un incremento de 1.164 millóns de euros sobre o total inicial, o que representa un 6,75% de aumento; case a mesma porcentaxe (7%) que se anunciou diminuiría en Defensa no inicio do orzamento inicial de 2011.

En definitiva, toda esta longa explicación podémola finalizar dicindo que o gasto militar real do Estado español, a pesar da grave crise pola que atravesan as contas públicas, diminuíu tan só un 6,3%, e sitúa a Defensa como un dos ministerios que mellor parados saen nos recortes do Goberno de Mariano Rajoy. Un gasto militar que respecto do PIB sitúase no 1,6%, o dobre do que di o Ministerio de Defensa e que representa 46,6 millóns de euros de gasto diario, e 366 euros per cápita anuais. É dicir, o gasto militar español non é tan reducido ou insuficiente como algúns integrantes do complexo militar-industrial denuncian, senón ao contrario, está dentro das medias en que se moven a maioría dos países europeos.

Ver aqui o documento completo.

Foto: Wikipedia


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.