1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (1 Votos)

120513 israelPalestina - BDS Galiza - UN's circle of unaccountability, a inquietante reportaxe do correspondente de The Australian no Próximo Oriente, John Lyons, sobre o relatorio elaborado pola UNESCO que examina a forma como son tratados os menores palestinos detidos e procesados polo exército e os tribunais militares de Israel, deita serias dúbidas sobre a actuación do organismo internacional.


O CÍRCULO DE OPACIDADE DA ONU

Resultaría difícil imaxinar unha conferencia de prensa mais extravagante.

Cando a UNICEF, o organismo da ONU para a infancia, notificou aos correspondentes en Xerusalén que ia presentar o seu relatorio sobre menores palestinos atrapados no sistema de xustiza militar de Israel a noticia suscitou profundo interesse.

O asunto atrae desde hai tempo a atención internacional, nomeadamente na Gran-Bretaña onde foi obxecto de varios debates no parlamento en que o Ministro dos Negocios Estranxeiros Bob Carr e o seu predecesor Kevin Rudd tomaron partido por Israel. Mais neste caso aconteceu algo estraño. Ao longo dos dous últimos anos Israel atacou numerosos grupos que denunciaron o tratamento a que son submetidos os menores palestinos.
Breaking the Silence (Rompendo o silencio), un colectivo formado por 850 soldados e ex soldados israelitas, lanzou unha campaña en favor do respecto dos dereitos humanos e foi atacado por tocar ese tema.

Mais non a UNICEF. Despois do seu primeiro relatório o Ministro dos Negocios Estranxeiros israelita declarara: "Israel estudará as conclusións e traballará para implementalas en colaboración coa UNICEF, cuxo traballo valoramos e respectamos. Este ano Israel participa na dirección da UNICEF e as nosas relacións e colaboración com este organismo son apreciadas pola comunidade internacional."

Por qué evitou atacar UNICEF? Na conferencia de Xerusalén resultou evidente que algo marcha mal. A sala dispuña de 60 cadeiras para un grupo de xornalistas reducido. "Limitáron o número de xornalistas que podíamos convidar", admitiu un funcionario.

"Non imaxinades a presión a que fomos submetidos para que aceptásemos cancelar o acto", confesou outro.
Cinco traballadores da UNICEF, diante dos seus respectivos micrófono e identificados cun cartón persoal, tomaron asento e as cámaras de tv comezaron a funcionar. Parecía unha verdadeira conferencia de prensa. O fotógrafo do Inquirer tiña unha cámara de vídeo con que pretendía gravar o acto para o subir ao website deThe Australian.
Mais a responsábel de UNICEF en Xerusalén, Jean Gough, anunciou que só poderían ser gravados os primeiros cinco minutos e non se permitiría citar as palabras dos funcionarios. Unha conferencia de prensa que non pode ser gravada? Que non se permite citar o que din os funcionarios?

Gough foi a primeira en falar. Durante os primeiros cinco minutos eloxiou Israel pola súa disposición ao diálogo sobre o sistema en que menores palestinos, a partir dos 12 anos, son xulgados por militares israelitas encanto os nenos xudeus dos asentamentos veciños son xulgados por tribunais civis. "Quero agradecerllo", dixo en referencia aos israelitas.

Mais, cando as cámaras foron desconectadas, a historia que se contou foi completamente diferente. Un funcionario afirmou que os malos tratos a menores palestinos era "sistemático, estendido e institucional". Outro explicou como os soldados israelitas propinan "pancadas, bofetadas e pontapés" a menores palestinos.
Afirmou que algunhas veces din ás crianzas que as van matar ou van violar membros da súa familia se non confesan, en xeral por atiraren pedras. Outro declarou que existe "un modelo sistemático de abuso e tortura".

Non se trataba portanto de medias verdades mais dunha distorsión en toda regra. A versión dos primeiros cinco minutos era moi favorábel a Israel, mais a versión posterior revelaba un sistema arrepiante en que os menores son raptados das súas casas -xeralmente de noite- por militares fortemente armados e son conducidos, cos ollos tapados, sen poderen beber nin iren ao baño, a un lugar de confinamento, moitas veces solitario, onde ás veces permanecen durante un mês enteiro. Paradoxalmente, a UNICEF comproba que Israel utiliza técnicas que se corresponden coa súa propia definición de tortura mais evita usar o termo ao longo de todo o relatorio.

Unha indagación levada a cabo polo Inquirer apunta a que a UNICEF cedeu a presións de Israel ou se autocensurou. Canto máis perguntas facíamos os xornalistas, menos respostas nos daban os funcionarios da UNICEF. Gough negouse a contestar varias preguntas e optou por remeternos ao director executivo da UNICEF en Nova Yor, Anthony Lake.

Mais Lake tampouco se mostrou disposto a contestar, ainda que é asinante do relatorio. Para pechar o círculo de opacidade, a sua oficina remeteunos novamente a Xerusalén, argumentando que "se trata dun relatorio sobre menores de alí, non dun relatorio global". A oficina de Lake foi contundente: "Damos por pechado o asunto. Recibirán a resposta directamente da sede rexional".

Mais a oficina de Xerusalén tampouco quixo contestar numerosas preguntas, de xeito que moitas das cuestións que suscita un dos maiores relatorios da UNICEF fican sen resposta .

No relatorio hai referencias xerais a tortura, mas cando se trata de datos específicos a palabra é omitida. O termo "tortura" foi eliminado do texto mesmo cando se trata de citas tomadas de documentos importantes do dereito internacional para ser substituído por "coerción".

Un exemplo: "Na maioria dos casos, a principal proba contra o neno é a propia confesión do neno, en moitos casos conseguida mediante coerción durante o interrogatorio... ainda que moitos nenos narraron que proporcionaran confesións como resultado dos malos tratos, poucos deles se atreveron a manter esta afirmación nos tribunais por temor a que a queixa provocase o endurecemento da sentenza, ainda que o dereito internacional prohibe o uso de probas obtidas baixo coerción dun tribunal".

No relatorio afirmase que o texto está baseado no art. 15 da Convención Contra a Tortura, en que se fala de tortura, non de coerción.

O relatorio ofrece unha lista de prácticas que equivalen a "tortura ou tratamento cruel, inhumano ou degradante segundo o Comité contra a Tortura". Afirma que isso inclúe: medidas de restrición en condicións dorosas; ameazas, incluindo ameazas de morte; pontapés, puñadas e pancadas; uso excesivo da forza; detención incomunicada; isolamento; privación sensorial; carencia de auga e comida.

O relatorio conclúe que Israel utilizou moitas destas prácticas, mais non utiliza a palabra tortura.

Gough deu ao Inquirer varias razóns para xustificar esta anomalía. En primeiro lugar afirmou que nos casos en que só se utiliza unha destas técnicas, o feito non constitúe tortura. "Non temos probas suficientes para dicir que todas estas técnicas foron aplicadas a un neno", declarou. E acrescentou que a UNICEF non é un "mecanismo de queixas" e que non ten persoal suficiente para investigar todos os casos individiduais.

A UNICEF afirma que a base de probas que se utilizou para o relatorio inclúe mais de 400 casos documentados de malos tratos. Uns 200 foron proporcionados pola organización Defence for Children International (DCI), que permitiu o acceso da UNICEF ao seu relatorio Bound, Blinfolded and Convicted. Entre os casos incluídos no relatorio da DCI están o dun rapaz que permaneceu coas maos atadas nas costas durante 19 horas; o dun neno ao que as alxemas reventaron a carne dos pulsos por estaren excesivamente apretadas; o dun rapaz que afirmou que o golpearan nos testículos e o doutro ao que bateron a cabeza contra unha parede.

A extravagante conferencia de prensa de Xerusalén tivo lugar despois dun ano de debates. En marzo do ano pasado comentárase que a UNICEF non pensaba publicar ningún relatório. Unha fonte confirmara que había "unha bronca inmensa" no interior da organización.

A mesma fonte afirmou que algunhas persoas opinaban que estaría mal non publicar o relatorio encanto outras suxerian adiar a publicación indefinidamente para non incomodar Israel. A mesma fonte afirma que se chegou a unha solución intermedia: facelo público mais diante dun número reducido de xornalistas para "calmar todas as partes". Foi unha decisión extraordinaria, normalmente as organizacións procuran toda a cobertura posíbel para os seus relatorios. Gough admite que durante do proceso de elaboración "tivemos asesoramento de avogados israelitas". Viron os avogados israelitas o rascuño final? "Por suposto", confirma Gough. "Tivemos mesmo discusións. Asegurámonos de que houbese diálogo".

Entretanto, Gough foi promocionada a presidente da sede da UNICEF en Nixeria, a segunda misión no mundo en importancia deste organismo da ONU.

Preguntada sobre o seu novo trabalho, afirma "É unha promoción". E acrescenta de imediato "Mais non polo relatorio".


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora