1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (1 Votos)

261113 monroeEstados Unidos - Contrapoder - A ocasión era, sen dúbida, a mellor posíbel.


No seu primeiro discurso sobre América Latina, o secretario de Estado John Kerry pronunciou as palabras máxicas, unhas palabras que inmeditamente sementaron o riso incrédulo do hemisferio sul da América: "os Estados Unidos —dixo— decidiron deixar atrás a Doutrina Monroe". Ninguén acreditou, como é lóxico. Por que? Só hai que repasar que foi e cales foron as consecuencias da Doutrina Monroe.

América para os americanos

«América para os americanos». Así, groseiramente, se resumiu a Doutrina Monroe, enunciada en 1823 e que estabelecía que calquera intervención dos estados europeos na América sería vista como un acto de agresión que exixiría a inmediata intervención dos Estados Unidos. A confusión deliberadamente promovida entre os conceptos «América» e «Estados Unidos» a miúdo oculta a verdadeira intencionalidade da frase, que debe ser lida como "calquera intervención en calquera país da América incumbe aos Estados Unidos».

Non se trata, pois, de proclamación ningunha contra o imperialismo británico e doutros países europeos, por máis que este se encontrase tamén no escenario coa ocupación das Malvinas por Gran Bretaña en 1833, co bloqueo francés aos portos Arxentinos en 1839-40, coa invasión española da República Dominicana en 1861 e 1865, coa intervención francesa no México entre 1862 e 1865 ou coas ocupacións británicas da costa dos Mosquitos na Nicaragua e da Guaiana Esequiba en 1855.

Ao contrario, trátase dunha afirmación directa e sen rodeos da soberanía dos Estados Unidos sobre o conxunto do continente e, portanto, da súa capacidade para decidir sobre el e os seus asuntos xerais ou particulares. Tanto así que as intervencións estranxeiras que acabamos de mencionar foran todas apoiadas polos proprios Estados Unidos.

monroeDesde entón, Washington e o grande capital que alí ten a súa base de operacións exercen un control de facto sobre todo o territorio sudamericano e sobre as Caraíbas, como todo o mundo sabe. Esa política unilateral, baseada na supremacía da forza, foi aínda reforzada en 1904 co denominado Corolario Roosevelt, que marcaba unha nova liña de acción: calquera país americano cuxa actividade puxese en perigo os intereses estadounidenses sería obxecto inmediato de intervención dos EUA co fin —literal— de o «reordenar».

As posicións de Monroe e Roosevelt, sen dúbida, definiron a política exterior dos EUA en toda a súa extensión. E non só: evidencian que, ao contrario do que sempre nos dixeron, Washington non foi un poder neutral e devotado para o seu proprio país até a intervención na Segunda Guerra Mundial.

en ao contrario: os seus presidentes, aliñados por un capitalismo que tiña aprendido ben as fórmulas máis proveitosas da pillaxe grazas á experiencia imperial europea sobre África, América e o suleste asiático, alargaron o quintal traseiro da súa casa do Ártico ao Antártico e do Atlántico ao Pacífico como se non houbese fronteiras, nen pobos, nen soberanías que respeitar, constituíndo o Lebensraum ianque moito antes de que o conceito fose enunciado polo xeógrafo Friedrich Ratzel e utilizado polo III Reich para xustificar a súa conquista da Europa.

O humor negro da política exterior estadounidense

Con estes antecedentes, ouvir John Kerry a dicir que os Estados Unidos decidiron esquecerse da doutrina Monroe —e, portanto, dos billóns e billóns de dólares de beneficios que ela permitiu á conta de abrir as veas da América Latina, parafrasando Eduardo Galeano— e que en diante tratarán os Estados da América do Sul en condicións de igualdade, é simplesmente ridículo.

Máis aínda se tais declaracións se encadran nun discurso no que o secretário de Estado dun país se despacha libremente sobre a política interna dos veciños, alabando Colombia e Guatemala, criticando a «insuficiente abertura» cubana e mostrándose preocupado pola debilidade das institucións democráticas venezuelanas.

Vale preguntarse se a propria existencia dun discurso así, dun discurso oficial que non fala da situación do continente de pasada, senón que especificamente vai debullando, paso a paso, as opinións dos EUA sobre a situación de cada país, non é xa —en si mesmo— o exemplo perfeito do intervencionismo e o inxerencismo que agora Kerry di ter terminado.

Vale tamén preguntarse que clase de humor macabro é ese que elabora un discurso así cando están aínda frescos o escándalo da espionaxe e o apoio claro de Washington aos golpistas venezuelanos liderados por Capriles e a oligarquía caraqueña, e cando acaba de ser revelado, por un erro da seguranza informática dos EUA, o último plano da USAID por valor de seis millóns de dólares para fomentar a contrarrevolución en Cuba, cuxo bloqueo continúa, alén de todo o máis.

Por outra parte, pensar que o capital vaia deixar, polas boas, a política de pillaxe e expoliación que tanta mais-valía lle ten traído até á altura non só é dunha inxenuidade perigosa, senón —á luz do século XX— dunha evidente carencia de perspectiva histórica. Nunca o capital abandonou sen máis un nicho lucrativo de actividade. Convén non esquecelo.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.