1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (1 Votos)

130527 irlandaRepública da Irlanda - Sermos Galiza - Crossmaglen e Creggan Upper, dúas comunidades en condados de Irlanda do Norte, votaron masivamente a favor da unidade da illa na consulta popular realizada para reclamar un referendo oficial sobre este tema. 


Dúas pequenas comunidades de Irlanda do Norte foron as primeiras en votar na rolda de consultas sobre a reunificación da illa iniciada hai uns días e que ten como obxectivo que se faga un referendo oficial sobre esta cuestión. As vilas foron Crossmaglen (no condado de Armagh) e Creggan Upper (en Louth), moi próximas á 'fronteira' entre Irlanda do Norte e a República de Irlanda.

Segundo @s organizador@s, o resultado foi contundente: Un 9% dos e das votantes manifestaron o seu apoio a unha reunificación de Irlanda, mentres que o rexeitamento a esta demanda colleitou un 7,3% dos votos. A participación foi dun 42%, incidindo os impulsores da consulta que é unha porcentaxe por riba do que é habitual nas consultas en Irlanda.

Partindo desde a base

Estas consultas están sendo organizadas por círculos republicanos de Irlanda do Norte a través da campaña United Ireland-You Decide: A People' s Referendum e que ten como finalidade “activar o debate sobre a unificación da illa desde a base” e convocar un referendo oficial.

Crossmaglen e Creggan Upper son dúas comunidades que comproban no día a día os prexuízos da división de Irlanda: Dous sistemas educativos, dúas políticas de impostos, dúas moedas,...

A pregunta que se fixo na consulta foi corta e sinxela: Irlanda debería reunificarse?

“Xuntos, máis fortes”

Cómpre lembrar que o voceiro do Sinn Féin, Gerry Adams, afirmara hai uns meses que xa era hora de dar a voz ao pobo. Sinalou que unha Irlanda unida e soberana "xeraría emprego, prosperidade e investimentos", incidindo na soberanía como unha ferramenta acaída para combater a crise e optar por un outro modelo de desenvolvemento, en beneficio da maioría social da illa. "Xunt@s somos máis fortes", asegurou o responsábel do Sinn Fein.

A organización nacionalista destaca que a ausencia de violencia armada e que as importantes transformacións políticas e demográficas en Irlanda do Norte (onde as e os unionistas xa só representan o 40% da poboación) fan preciso ese referendo, pois o establishment que leva décadas instaurado xa non representa a realidade.

O SF, ten 14 deputados no Parlamento de Dublín (tivo o 10% dos votos nas eleccións), e posúe responsabilidades de goberno na Asemblea de Irlanda do Norte (territorio baixo soberanía británica). O apoio electoral a esta formación nos seis condados ronda o 26% dos votos, sendo o SF a segunda forza política.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.