1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

270410_sahara-12-06-82Vieiros - Ademais da pressom a Marrocos para que os liberte, os Comités de Defesa dos Direitos Saarauis pidem-lhes parar a greve porque "som necessários na luita pola autodeterminaçom".


Son xa seis meses de detención "inxusta". Meio ano no cárcere para seis defensores dos direitos humanos polas súas actividades pacíficas a prol da autodeterminación do povo saharauí. De Amnistía Internacional veñen criticando "o silencio da comunidade internacional e dos meios de comunicación" sobre esta situación.

Amnistía Internacional recolleu xa máis de 70 mil sinaturas en apoio aos encarcerados para apoialos na loita pola liberdade. "Todos eles están en greve de fame, por desgraza a única maneira que atoparon de denunciar a súa reclusión sen xuízo", expón Esteban Beltrán, director de Amnistía Internacional no Estado español.

Unha plataforma de colectivos pídelles que paren a greve de fame

"Necesitamos a súa forza e a súa liberdade de pensamento para continuar a loita pola nosa autodeterminación e o respecto dos nosos dereitos humanos". Deste xeito se pronuncia nun comunicado a coordinadora de asociacións e comités de Defensa dos Dereitos dos Saharauís.

Alén de esixirlle ao goberno marroquí a inmediata liberación dos presos insta aos detidos a deixar a folga de fame ilimitada que manteñen desde hai case corenta días e que está poñendo en perigo as súas vidas. Recordámoslles que todo comezou o pasado 18 de marzo, cando un grupo de media ducia de presos políticos saharauís se puxeron en folga de fame no cárcere de Salé, en protesta por non teren sido xulgados medio ano despois da detención. Posteriormente, a protesta chegou a outras prisións onde outros encarcerados se solidarizaron con eles.

Do mesmo xeito, o premio Nobel da Paz arxentino Adolfo Pérez Esquivel encabeza a lista de asinantes dun comunicado emitido por diversas organizacións onde se esixe a liberación inmediata dos presos políticos saharauís e "a creación dun mecanismo de protección e supervisión dos dereitos humanos no Sábara Occidental ocupado por Marrocos". No mesmo documento, solicítanlle ás Nacións Unidas que amplíe as funcións da súa misión na zona, a MINURSO, para que vixíe pola garantía dos dereitos humanos dos cidadáns e abra o territorio "aos observadores internacionais e à imprensa independente".


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.