1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (2 Votos)

Os orçamentos mais anti-sociais

191010_feijoo_zapatero_de_maos_dadasGaliza - CUT - «Os máis sociais da historia recente», así apresentou Zapatero os orzamentos para 2011, presumiu de que 58% do gasto irá destinado a satisfacer as necesidades sociais.


Tamén se dixo que isto significaba unha percentaxe sen precedentes, pero unha análise pormenorizada leva á conclusión de que esta alta percentaxe non se alcanza polo crescimento das políticas sociais senón pola diminuición das outras partidas (uns 22%) o que dá unha falsa sensación de incremento no gasto social.

O certo é que o orzamento destinado a políticas sociais sofre un tallo de 3.043,8 millóns. Sendo os máis afectados polos cortes as familias e colectivos desfavorecidos (imigrantes, xuventude, mulleres, terceira idade e menores).

A desaparición da axuda de 2.500 euros por nascimento dun fillo a partir de xaneiro do 2011 é o maior corte asistencial incluído nos orzamnetos do 2011 (1.200 millóns). A isto súmase a decisión adoptada no decreto de axuste de maio de cortar a pouco máis da metade a xa concisa axuda por fillo a cargo da que se beneficiaban unhas 144.000 familias, as de rendimentos máis baixos. A axuda por fillo a cargo pasou de 500 euros ao ano a 291 (24,5 euros ao mes) para as familias cunha renda anual de ata 8.264,28 euros. A medida aforrará uns 90 millóns ao Estado. Ademais, o Goberno decidiu aprazar indefinidamente a ampliación de 2 a 4 semanas da baixa paternal.

O programa de servizos sociais para a terceira idade sufrirá no 2011 un recorte de 17,63 millóns ( 8,6% do total).

Outros servizos sociais, como o plan sobre drogas sufrirá unha mingua de 12,5%.

O programa de integración dos inmigrantes cae 23,8% respecto do 2010.

O corte nas verbas sobre igualdade de oportunidades entre homes e mulleres (-9,3%) e prevención integral da violencia machista (-3,8%).

As prestacións por desemprego calculadas para o 2011 (30.474,06 millóns de euros) son 1,6% inferior á presupostada para o 2010. Non porque diminúa o paro senón porque o Goberno prevé aforrar uns 647 millóns polos parados que esgotarán a prestación contributiva e pasarán a cobrar o subsidio (de menor contía). Ademais, o Goberno decidiu non prorrogar a axuda mensual de 420 euros para os parados a partir de febreiro.

A atención á dependencia sofrerá un corte de 5,3% (83 millóns) após a decisión do Executivo de limitar a seis meses a retroactividade no pagamento das prestacións, unha vez recoñecidas.

O Estado español xa é dos estados da OCDE e da Unión Europea con menor nivel de gasto social, os orzamentos de 2011 afastarano, aínda máis, do resto de países da súa contorna.

Estes son os orzamentos do Estado máis antisociais en anos. Non é de estrañar que Zapatero se tivese que apoiar, unha vez máis, na dereita para a súa aprobación. Os efectos serán demoledores para os colectivos máis desfavorecidos.

 


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.