1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

Pessoal de A Nosa Terra concentra-se às portas da empresa

130910_antGaliza - CIG - Reclaman información sobre o seu futuro laboral despois da presentación dun ERE.


Os traballadores e traballadoras do semanario A Nosa Terra comezaron este luns día 12 o calendario de mobilizacións para denunciar a situación que están a padecer dende que a dirección presentou un Expediente de Regulación de Emprego que afecta á práctica totalidade dos 28 asalariados/as. Dende a CIG-Químicas lembran que a única información sobre o seu futuro que está a recibir provén das entrevistas do seu presidente na prensa, ao que acusan de ocultar que a quebra económica produciuse como consecuencia dunha mala xestión. Uns 20 empregados/as da histórica cabeceira concentráronse xunta a delegados/as da central ás portas da empresa na rúa Príncipe de Vigo.

Durante a mobilización, a primeira dunha serie de protestas, berráronse consignas como "Non ao peche de A Nosa Terra" ou "O galego é a escusa de Eiré". Os concentrados permaneceron ás portas do semanario dende as 19.00 até as 20.00 horas, onde despregaron unha faixa en defensa dos seus postos de traballo e repartiron información aos viandantes.

Dende a federación de Químicas da CIG fixeron fincapé na falta de transparencia con que ao seu xuízo están a actuar os responsábeis da histórica publicación e lembran que a única información que reciben os empregados/as provén das entrevistas que o seu presidente, Alfonso Eiré, está a conceder a distintos medios de comunicación. Nestas comparecencias sinala a falta de apoio institucional como causa de que A Nosa Terra se deixase de imprimir e teña presentado un concurso de acreedores. Dende a CIG critican tamén o escaso apoio da Xunta aos medios que utilizan o galego como lingua de expresión, aínda que sosteñen que foi "unha mala xestión" a que levou ao semanario á actual situación de quebra económica.

Neste senso, censuran que Eiré manifeste carecer de liquidez para abonar os dous meses de salario que lles adebeda aos operarios/as "ao tempo que se presenta na sede da empresa para anunciar o ERE escoltado por dous avogados de Cuatrecasas, un dos bufetes máis caros do Estado". Estes letrados comunicáronlle aos afectados/as que en breve adoptarán "medidas definitivas" e que a intención da compañía é abonar só 30 días de soldo.

Foto: CIG.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.