1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (1 Votos)

47 galegos e galegas denunciárom casos de tortura o ano passado

270610_torturaGaliza - Xornal - O colectivo Esculca destacou a situación de indefensión dos presos de Teixeiro e pide solucións.


O Informe 2009 sobre A Tortura no Estado Español, que cada ano elabora a Coordinadora para a Prevención e Denuncia da Tortura, recolle un total de 17 casos de tratos crueis ou degradantes en Galicia, cun total de 47 denunciantes. Isto supón un promedio de 1,68 denuncias por cada 100.000 habitantes, o que sitúa a Galicia como a quinta comunidade con máis queixas rexistradas pola coordinadora, por detrás de Ceuta, Melilla, Euskadi e Cataluña, e por riba da media estatal, que está no 1,46.

Na maioría dos casos, no 68%, os altercados producíronse en prisións por parte de funcionarios do Estado. A Garda Civil é acusada en 10% dos casos, a mesma percentaxe que acumula a Policía Local. A Policía española é a protagonista, en negativo, en 7% das denunicias, e 5% restante rexistrouse nos centros de menores.

ATENCIÓN A TEIXEIRO

Na prisión coruñesa de Teixeiro puxo o acento a organización galega da Coordenadora, Esculca. Onte apresentaron o seu propio informe da situación no cárcere de Teixeiro, onde documentaron profusamente un total de cinco casos que a asociación considera que, “pola súa natureza, poderían ser cualificados como delitos de tortura, contra a integridade moral, rigor innecesario e lesións”.

Trátase, en todos os casos, de agresións producidas por funcionarios de prisións do propio centro e, ademais, todas as denuncias “están respaldadas por partes de lesións emitidos por facultativos.

É por iso que a ONG lle transmitiu o informe ao recentemente creado Mecanismo Estatal para a Prevención da Tortura, integrado dentro das funcións do Defensor do Povo, a quen lle esixen “que exerza as facultades que lle confere o Protocolo Facultativo para a Prevención da Tortura, investigando estes feitos coa maior celeridade e informando con transparencia á sociedade civil”. Tamén lle remitiron o informe aos grupos parlamentarios galegos.

Contodo, o responsábel da Comisión Penitenciaria de Esculca, Fernando Blanco Arce, reiterou que a Galiza precisa o seu propio mecanismo para prevenir a tortura, así como a necesidade de que a Xunta asuma as competencias que lle corresponden en materia de prisións, “o que redundaría nunha mellor coordenación coas competencias xa asumidas en servizos sociais”.

En todo o Estado español recolléronse o ano pasado 242 denuncias que implican a 624 agredidos. A maioría dos afectados son persoas que participaban en mobilizacións sociais (48%), seguidos dos migrantes (17%), os presos (11%), persoas detidas en réxime de incomunicación (7%), as agredidas tras un incidente de tráfico (3%), en centros de menores (2%) e outras (14%).


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.