1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

Em repulsa ao caso da mulher agredida em Monte Alto (e polas demais)

100610_porta_sangueGaliza - Nom me pises o freghao - Mais umha vez mulher é vítima do afám de possessom de quem fora o seu casal e pai das suas filhas.


Esta veciña do bairro salvou a súa vida, mas sofreu graves feridas provocadas polo seu agresor directo, ademais queremos denunciar tamén as agresións que reciben as mulleres por parte dos meios e do morbo que xeran co tratamento que reciben este tipo de novas.

Para comezar, entre a escasa información que circulou onte, nada mais producirse a salvaxe agresión, un dos datos no que se insistiu foi que se trataba de persoas marroquinas. Mais tarde, en prensa, xa con mais datos insistíase no dato da nacionalidade. É  quizais un atenuante ou unha explicación do feito? aporta algún tipo de información que non sexa con intención de criminalizar culturalmente e esta xente?

Por outra banda é xeneralizado o pouco respeto que se da á intimidade das mulleres que sofren este tipo de agresións, facilitan as súas iniciais, dan indicacións do seu enderezo de residencia e aportan datos que van mais alá de información que precisamos e expoñen a estas mulleres á mirada pública, facilitan que as sinalemos co dedo. Neste caso a muller semella que vai salvar a vida, pero xa temos datos para podela recoñecer polo bairro, e ás súas fillas… non é eso victimizala ainda mais do que o seu agresor fixo xa?

Como veciñas do bairro queremos mostrar a nosa repulsa ante agresións deste tipo, neste caso cargadas ademais dun extra de violencia, se cabe, xa que houbo disparos polo medio, a plena luz do día, coas rapazas … indignante!

Vivemos e traballamos por un bairro integrador, no que queremos que toda a veciñanza sexa parte del, aporte diversidade e dignidade, no que traballamos por que as novas xeracións vivan nunha sociedade mais xusta e mais igualitaria, onde as persoas non sintan que se posúen unhas ás outras e sexan libres, libres para viver onde queran e podan, onde traballar, onde decidan libremente con quen viver e a quen amar e, sobre todo onde non sexan xulgadas polo seu xeito de vida porque este foi un bairro onde se loitou moito pola dignidade e queremos que así siga.

Nen unha agresión sen resposta!!


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.