Esta Lei representa unha agresión sen precedentes a os dereitos fundamentais dos traballadores e traballadoras galegas. Tradúcese en despido libre, baixada de salarios, criminaliza as baixas laborais acarreando despidos procedentes, prevé a posibilidade do despido entre traballadores-as fixos-as da administración pública, incentiva económica e fiscalmente á patronal pola contratación de parados-as que cobren prestacións de desemprego abocando aos parados-as de longa duración á marxinalidade e a indixencia, a patronal deixa de estar obrigada a cumplir os convenios o que conleva a desparición da negociación colectiva... Todo elo para facer fronte á crise da cal a clase traballadora galega non ten ningunha responsabilidade e que ademáis só conlevará o aumento do paro, o empobrecimento do país, a desapacición de servizos sociais e un futuro sen futuro para os rapaces e as rapazas galegas.
Por todo elo a CENTRAL OBREIRA GALEGA apoia a convocatoria de Greve Xeral para o día 29 de Marzo e fai un chamamento a os traballadores-as galegos-as a participar neste dia de loita, polos seus dereitos.