1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

Convocam manifestaçom 29 de dezembro na Corunha contra as agressons policiais a imigrantes

271211_coruGaliza - Fórum Galego de Imigraçom - No passado dia 17 de dezembro tivo lugar umha rusga policial na rua Real, que acabou com umha pessoa de nacionalidade senegalesa detida depois de umha brutal intervençom policial, segundo manfestárom pessoas que se encontravam na zona.


Manifestaçom

Quinta-feira 29 de dezembro, às 20:00hs com saída na praça de Maria Pita e até o Obelisco da Corunha.

Nengumha agressom sem resposta!

STOP abuso policial!

O sábado 17 de decembro ás 18.30 na rúa Real axentes de paisano procederon a deter a un senegalés que se adica á venda ambulante. Segundo algunhas das persoas alí presentes a detención tivo lugar sen que o detido ofrecera resistencia e cunha brutalidade e violencia imposibles de xustificar. Incluso algunhas persoas chegaron a enfrontarse á Policía para que deixara de dar ese trato desproporcionado ao detido. Convén destacar que un dos policías de paisano implicado foi o mesmo que o día 4 de agosto deste ano apuntou no Cantón Grande coa súa arma a un senegalés sen que este opuxera resistencia ou estivera cometendo delito algún.

Desde a Asociación Sen Papeis levamos meses denunciando ante as distintas Administracións, a Policía Local, os medios de comunicación e a sociedade a situación de acoso e desprotección na que se atopan as persoas adicadas á venda ambulante na cidade da Coruña. Consideramos que non se pode culpar a un colectivo, xa de por si vulnerábel e que só busca a supervivencia, da crise do pequeno comercio e dunha suposta competencia con este. Antes ben, entre outros aspectos, debemos achacar esta situación a un contexto xeral de recesión, crise de modelo comercial, falta de planificación e apoio municipais e a presenza de grandes centros comerciais do consumo controlados por poderosas multinacionais e o gran capital.

A falta de seguimento da normativa, a inutilización dos procedementos de garantía aos intervidos, o emprego de axentes "de paisano" (para actividades para as que non están permitidos), ameazas, detencións ilegais derivadas de infraccións administrativas, subtraccións non documentadas... son prácticas habituais na Policía Local da Coruña fronte a este colectivo.

Por iso, como xa temos feito noutras ocasións, desde a Asociación Sen Papeis da Coruña:

- manifestamos a nosa total repulsa diante destes abusos e actuacións policiais desproporcionadas, algo que faremos todas as veces que faga falta e polos mediosque consideremos necesarios.

- esiximos a ruptura da Policía Local con estas prácticas ilegais, e a volta ao emprego de medios e procedementos adecuados á Lei.

- reclamamos do goberno municipal que retome a vía da legalidade e que investigue estas actuacións policiais, e que rache coas políticas de confrontación como medio de solución desta situación, apostando por instrumentos de comunicación, participación cidadá e cooperación.

CONVOCA:

ASOCIACIÓN SEN PAPEIS DA CORUÑA

FORO GALEGO DE IMIGRACIÓN


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.