1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (1 Votos)

De 23 a 25 de setembro decorrerá Foro Social da comarca de Trasancos, o FSFT

240811_FSFT_01Galiza - FSFT - Unha vez adiado 'sine die' a realización do "II Foro Social Galego" que estaba previsto que tivera lugar en Ferrol este ano, as entidades máis implicadas na súa organización, consideramos a posibilidade de aproveitar a sinerxia acumulada no proceso de debate e organización do mesmo, para a realización dun Foro de ámbito local en Ferrol.


Fixo-se un chamamento aberto a un sector amplio do movimento asociativo e organizativo da Comarca, para sumar-se ao proceso dun Foro de ambito local que acordou na reunión celebrada o 5 de Xuño nos locais da Asociación Veciñal "O Rosario" do Inferniño, realizar o "Foro Social de Ferrol Terra" os días 23, 24 e 25 de Setembro.

Por que e para que o Foro Social de Ferrol Terra?

O Foro Social “é un espazo aberto de encontro para: intensificar a reflexión, realizar un debate democrático de ideas, elaborar propostas, establecer un libre intercambio de experiencias e articular accións eficaces por parte das entidades e os movementos da sociedade civil que se opoñan ao neoliberalismo e ao dominio do mundo polo Capital ou por calquera forma de imperialismo e, tamén, empeñados na construción dunha sociedade planetaria orientada cara a unha relación fecunda entre os seres humanos e destes coa Terra”[*].

O Foro Social é un espazo de encontro, confrontación de ideas e colaboración dos movimentos e persoas, a nivel mundial, que acreditan que un outro mundo é posíbel e, cada día con máis urxencia, necesario.

Na nosa comarca, a crise económica vomitada polo capital financeiro na súa enchente especulativa, os problemas medio ambientais, o camiño cara á marxinación e á pobreza por onde van transitando cada vez mais sectores da nosa sociedade, a restrición de dereitos ... precisan dun esforzo colectivo para facer-lles frente e dar-lle a volta.

O "Foro Social de Ferrol Terra" pode ser o espazo que nos permita ás organizacións e activistas, un encontro de reflexión en común e unha oportunidade para criar dinámicas de colaboración. Esta colaboración fai-se imprescindible, frente á ofensiva que o capital nos ten preparado para este outono en Europa, e que tamén na nosa comarca, ten a súa expresión nos distintos proxectos que emanan das novas corporacións, e que debemos afrontar.

O movemento ecoloxista, o sindical, o feminista, o veciñal, o cultural; as distintas plataformas que actúan en Ferrol Terra (a da defensa da sanidade pública, a da defensa da Ría, o Comité Cidadá de Emerxencia, a da Auga, a da defensa da Lingua, a da defensa do Pico Vello, a do Tren, ...); o movimento 15M dos indignad@s; o Mercadiño do Troco, a Masa Crítica de Ferrol Terra, Rádio Filispim; o movimento libertario; a Comisión Veciñal para a promoción da participación cidadán; as persoas con vínculos partidarios ... podemos encontrar neste espazo, tres días para reflexionar e trazar, dentro da diversidade, un camiño común para comezar con máis forza este outono que se nos presenta enchido de obxectivos e de loitas, que non nos podemos dar o luxo de perder.

Quen convoca o Foro Social de Ferrol Terra?

Este documento convocatorio está asinado por un grupo inicial de entidades que veñen participado no Consello do Foro Social Galego (Marcha Mundial das Mulleres; A.C. Fuco Buxán; Colectivo Ártabra 21; Comité Cidadá de Emerxencia para a Ría de Ferrol; Foro Galego de Imigración; Sindicato de Traballadores do Ensino de Galicia). Mais a convocatoria do Foro, será asinada polas organizacións que se sumen ao mesmo.

Que esquema organizativo tería o Foro Social de Ferrol Terra?

Na citada reunión acordou-se un determinado esqueleto para coordinar temas, espazos e tempos, baseado nunha manifestación, un concerto e nove actividades, das cais tres serían asembleas de debate e concreción de alternativas. 


-  MANIFESTACIÓN  -

-  ACTUACIÓN MUSICAL  -

-  PROGRAMA DO FORO  -


Nota.-
[*] Primeiro ponto dos catorce que consta a “Carta de Principios do Foro Social Mundial”, aprobada e adoptada en Sãou Paulo, o 9 de Abril de 2001, polas entidades que constitúen o Comité de Organización do Foro Social Mundial. Aprobada con modificacións polo Consello Internacional do Foro Social Mundial o dia 10 de xuño de 2001 [http://www.forumsocialmundial.org.br].

Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.