O Diário Liberdade utiliza cookies para o melhor funcionamento do portal.

O uso deste site implica a aceitaçom do uso das ditas cookies. Podes obter mais informaçom aqui

Aceitar
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (1 Votos)
Arquivado em: transgénicos  mesia  

090611_Transgenicos4Galiza - PGA - A Fiscalía galega de Medio Ambiente admite parcialmente a denuncia que o pasado mes de abril presentou a Plataforma Galega Antitransxénicos (PGA), xa que vai practicar dilixencias preprocesais baseadas no requirimento de documentación e datos a distintas administracións galegas sobre as actuacións levadas a cabo na localidade coruñesa de Mesía.


A PGA tramitou unha denuncia ante a Fiscalía sita en Santiago de Compostela, pola presenza do crecemento de rebrotes dos cultivos modificados xeneticamente nunha parcela da localidade coruñesa de Mesía. A finca que noutro tempo fora autorizada para experimentar con diferentes variedades de millo modificado xeneticamente, foi cualificada como non apta para a recolleita do millo e determinouse levantar o ensaio de forma prematura.

Os cultivos de ensaios transxénicos descualificados en determinadas parcelas, e segundo establece a normativa, deberán ser obxecto de inspeccións e controis que garantan o cumprimento de todas as medidas de bioseguridade, polo que a parcela onde se produciu a liberación debera visitarse polo menos durante o ano seguinte para asegurar a retirada das “plantas adventicias” e garantir a súa destrución antes da floración.

Perante esta situación de ameaza para a saúde humana e para o medio ambiente, a PGA dirixiuse á citada Fiscalía solicitando unha investigación e a execución das acción xudiciais ou administrativas que sexan procedentes. A Fiscalía, pola súa parte, require datos e documentación á Dirección Xeral de Produción Agropecuaria da Consellería do Medio Rural, á Dirección Xeral de Desenvolvemento Sostible da Consellería de Medio Ambiente e á Subdelegación do goberno na Coruña.

Foto: Matrix


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Este conteúdo foi bloqueado. Você não pode postar qualquer comentário.

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: diarioliberdade [arroba] gmail.com

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.