1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

CIG intensifica campanha polo êxito da Greve Geral

250111_muralGaliza - CIG - A central anima a todos os galegos e galegas a secundar a paralisaçom e participar nas mobilizacións convocadas para este xoves.


Caravanas de vehículos, pegada de carteis, pintada de murais,... As actividades para publicitar a convocatoria da folga xeral da CIG deste xoves 27 de xaneiro estanse a intensificar nos días previos á xornada de paro, co obxecto de trasladar a todos os galegos e galegas a necesidade de dar unha resposta contundente se queremos frear a vaga de ataques que os gobernos, atendendo aos intereses do capital financeiro, están a perpetrar contra a clase traballadora.

Así, o pasado venres, a CIG de Lugo organizou unha caravana de vehículos polas rúas da cidade da Muralla para dar a coñecer a convocatoria e os motivos que levaron a central sindical a convocar folga xeral. A caravana, que partiu ás 12 do mediodía do local do sindicato, animou a todos os/as lucenses a participar nas manifestacións convocadas pola CIG o mesmo día da folga xeral.

Pola súa banda, a CIG-Mocidade de Ferrol continúa coa campaña de axitación entre os mozos e as mozas da comarca, polo que, alén da asemblea celebrada o día 21, estanse a realizar unha serie de murais por todo Ferrolterra para socializar e mobilización á clase traballadora, especialmente á xente nova. A tal fin, desenvolvéronse asembleas en diferentes centros do ensino, FP e contactouse con diversas organizacións de ámbito xuvenil, que amosaron o seu apoio á folga xeral. Ditos contactos continuarán nos próximos días.

Así mesmo, en todas as comarcas estanse realizando reparto de folletos informativos, asembleas tanto nos centros de traballo como con numerosas organizacións e colectivos sociais, colada de carteis e faixas nos puntos máis visíbeis das vilas e cidades e campaña informativa a través de vehículos con megafonía, facendo un chamamento á participación tanto na xornada de folga como nas distintas mobilizacións convocadas pola CIG o 27 de xaneiro en todo o País en defensa do emprego e contra a regresiva reforma das pensións proposta polo goberno español.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.