1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

210216 sauGaliza - CIG - Pide que se convoque unha OPE para o 100% das prazas vacantes producidas desde 2009.


A federación de Saúde da CIG denuncia que a oferta de emprego presentada polo Servizo Galego de Saúde (Sergas) na mesa sectorial evidencia, máis unha vez, a amortización de postos de traballo na sanidade pública; que se segue a aplicar a taxa de reposición; e que, nalgunha categoría, a oferta de emprego é nula desde o ano 2009.

Nesta oferta de emprego convócanse 818 prazas repartidas en varias categorías. A secretaria nacional de CIG-Saúde, María Xosé Abuín, explica que este número correspóndese coas vacantes producidas en todas categorías, no ano 2015. Fronte a isto afirma que “nós demandamos 3.000 prazas para poder cubrir, como mínimo, as amortizadas desde 2009”.

Sinala que nos anos 2010/11/12/13 só se cubriron o 10% das prazas vacantes, máis non o 10% de todas as categorías se non daquelas para as que a consellaría de Sanidade autorizou a súa cobertura. “Utilizaron este sistema para eliminar ás/aos traballadoras/es dos servizos que querían privatizar e converter a sanidade  en negocio, condenado ao persoal ao desemprego e a emigración”, denuncia a CIG-Saúde.

Segundo os cálculos feitos pola CIG-Saúde, “xa que non temos ningún mecanismo que nos permita identificar as prazas reais que desapareceron do sistema sanitario galego tras da súa amortización”, matiza Abuín, o número superaría até 2015, as 3.500 prazas amortizadas.

PRAZAS VACANTES 2011/12/13 PRAZAS VACANTES 2014/15 Total Prazas  Amortizadas
FEAS 712 prazas FEAS 296 prazas 1.008 prazas
Enfermeiras/os 414 prazas Enfermeiras/os 305 prazas 719 prazas
Matronas 31 prazas Matronas 12 prazas 43 prazas
Fisioterapeutas 20 prazas Fisioterapeutas 10 prazas 30 prazas
Técnicos. Especi 26 prazas Técnicos. Especi 14 prazas 40 prazas
TCAEs 410 prazas TCAEs 261 prazas 671 prazas.
Celadoras/es 181 prazas Celadoras/es 88 prazas 269 prazas
Mantemento 120 prazas Mantemento 35 prazas 155 prazas
Hostalaría 213 prazas Hostalaría 121 prazas 334 prazas.
Administrativo 170 Administrativo 98 prazas 268 prazas.
TOTAL 2.297 PRAZAS   1.240 PRAZAS 3.527 prazas

Para a CIG-Saúde, a OPE do Sergas debería conter, ademais das prazas vacantes reais e non cubertas, todas as prazas estruturais ocupadas por persoal eventual con duración superior a un ano. O que permitiría “eliminar a precariedade laboral”.

Neste sentido, Abuín denuncia que a política de persoal que o PP vén aplicando no Sergas tradúcese en “falta de estabilidade laboral e incremento da precariedade”. Tal é así que asegura que hai persoal que está asinando contratos cada 15 días, por días soltos ou outras modalidades que define como “perversas”, para cubrir o mesmo posto. “A isto chámanche  estabilidade orzamentaria”, lamenta a secretaria nacional da CIG-Saúde.

A isto engade que con esta modalidade de contratación, “obríganlle ao persoal a facer unha xornada maior que a xornada Sergas” e que “non se lle computa a diminución de xornada en función das noites realizadas”.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.