1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

061215 esperaGaliza - CIG - Reclaman que se substitúan as ausencias e se reduza a precariedade laboral para poder atender ás e aos doentes como é debido.



CIG-Saúde de Compostela vén de denunciar as listas de espera que sofren as/os doentes dos centros de saúde da área sanitaria para ser atendidos polo médico/a de cabaceira, pediatras, matronas, farmacéuticos/as e fisioterapeutas, entre outros. Unha situación que empeora nos períodos vacacionais e da que responsabilizan ao SERGAS polos recortes e a falta de persoal.
Sala de espera centro de saúde

CIG-Saúde de Compostela sinala que ao non contratarse a persoal substituto, “un día bloquéase a axenda e non se pode dar ningunha cita; ao seguinte ábrese unha axenda cun número reducido de citas que se reparten entre os demais profesionais, ao seguinte vólvese a bloquear a axenda, e así sucesivamente”... Unha situación que, explican, provoca listas de espera de varios días.

Asegura que as e os profesionais que están nas listas de contratación son coñecedores desta situación que levan tempo padecendo. “Precisamente esta política do Sergas de racanear deste xeito coas contratacións provoca que traballen poucos días ao ano, e que o fagan nunha situación de precariedade como non se lembra no Sergas”.

A este respecto denuncia que sa precariedade que “é a norma habitual no SERGAS” tradúcese en substitucións con contratos a media xornada, contratos de luns a venres con interrupcións da alta na SS, en festivos ou en fins de semana. “Desgraciadamente as persoas que están nas listas de contratación teñen que aceptar os contratos en precario, porque ven que é o único xeito de poder traballar algo nesta administración sanitaria galega”.

Diante desta situación alertan do deterioro da calidade asistencial que están a provocar estas políticas de recorte do gasto sanitario das que, denuncian, “finalmente as e os doentes son os prexudicados”.

Xunto a isto advirten do desmantelamento da atención primaria, que é o primeiro nivel que permitiría reducir os ingresos hospitalarios e as urxencias, algo que cos recortes do gasto non se está a conseguir e reclaman, como veñen facendo desde hai anos, que se substitúan as ausencias e se reduza a precariedade laboral, para poder atender os doentes como é debido. “Non son admisíbeis listas de espera para acudir ao médico de cabeceira e ao pediatra e demais profesionais”, conclúen.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.