1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

204be5d3 f040 43fe aa07 229086a7c900Galiza - FEGADACE - José Manuel Rey Varela visitou onte pola mañá Sarela, en Santiago de Compostela, e reuniuse coa Xunta Directiva da Federación Galega de Dano Cerebral.


Foto - de esquerda a dereita, Lucía Mendoza (coordinadora de FEGADACE), Carmen Fernández (presidenta de ADACECO, en representación da vicepresidenta de FEGADACE, Luisa Ramírez), Manuel Moure (tesoureiro de FEGADACE), Coro Piñeiro (directora xeral de Maiores e Persoas Discapacidade), José Manuel Rey (conselleiro de Política Social), José Balboa (presidente de FEGADACE) e Fidel Castro (secretario de FEGADACE).

O recen nomeado conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, mantivo esta mañá un encontro coa Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE) no que lle foron presentadas as principais reivindicacións e necesidades deste colectivo. O conselleiro puido, ademais, coñecer máis de preto o dano cerebral adquirido e o sistema de atención a esta discapacidade grazas á visita que realizou ás instalacións da Asociación de Dano Cerebral de Compostela Sarela, onde se desenvolveu a xuntanza.

José Manuel Rey estivo acompañado pola Directora Xeral de Maiores e Persoas Discapacidade, Coro Piñeiro, e polo delegado territorial da Xunta na Coruña, Diego Calvo. A delegación foi recibida pola Xunta Directiva de FEGADACE e pola coordinadora da entidade, Lucía Mendoza.

Despois dunha breve presentación sobre a Federación e a situación das súas asociacións, a directiva de FEGADACE pasou a expoñer ao conselleiro as súas peticións máis urxentes a curto prazo: un aumento das prazas concertadas para centro de día, a posibilidade de creación de prazas de residencia en Vigo, e a modificación dos criterios de copagamento aplicables ao colectivo de persoas con dano cerebral adquirido.

Estas peticións están fundamentadas nas necesidades detectadas por FEGADACE e as súas asociacións e nas cifras de prevalencia do dano cerebral adquirido en Galicia. Actualmente as asociacións galegas de dano cerebral atenden a 342 persoas, das que 180 son usuarias do servizo de centro de día. Das prazas de centro de día, 53 están concertadas coa Consellería de Política Social, unha cifra totalmente insuficiente se se compara coas 35.756 persoas con dano cerebral adquirido que hai en Galicia. Así, sobre a mostraxe de 35.756 persoas, habería unha taxa de cobertura do 0,95%, é dicir, un 99,05% dos galegos e galegas con DCA non contarían cos servizos de atención e rehabilitación axeitados.

A creación de prazas de residencia responde á existencia, en Vigo, dunha infraestrutura aínda sen estrear destinada a ese uso e en perigo de deterioro precisamente por falta de ocupación. A Asociación de Dano Cerebral de Vigo, Alento, conta no seu centro cun andar destinado a centro de día e outro para residencia, un proxecto que aínda non puido ser posto en marcha. Poucas das familias que precisan deste recurso dispoñen do diñeiro que custaría unha praza sen contaren co apoio da administración para afrontar o pagamento.

Revisión dos criterios de copagamento

A situación que máis preocupa neste momento ás asociacións membro de FEGADACE é o cambio introducido en 2014 nos criterios de copagamento polas prazas no Servizo de Atención Diúrna Terapéutica, coñecido comunmente como centro de día. Anteriormente o copagamento era, en todos os casos, de ata un máximo do 35% do importe da praza.

Ese criterio foi modificado atendendo á capacidade económica da persoa (que se mide en función dos ingresos da unidade familiar e do patrimonio persoal). A reforma resultou ser prexudicial para as rendas máis baixas, deixando ás familias con menos ingresos en peor situación, con varios casos de familias por debaixo da liña de pobreza, que teñen que copagar. Tomando como exemplo un caso da Asociación de Dano Cerebral Adquirido de Vigo, atopámonos con que unha persoa cunha prestación de 550 euros afronta un copagamento de 691 euros, fronte aos 144 euros que copagaba co sistema anterior.

Tendo en conta o total de persoas usuarias de Alento, o copagamento agregado pasou de 8.638€ a 10.520€, aumentando case un 22% (19,64% no caso das prazas e no 26,59% no copagamento do transporte).

Os membros de FEGADACE preguntaron ao conselleiro, en particular, polo anuncio realizado o pasado 10 de novembro no Parlamento de Galicia sobre unha posíbel diminución do copagamento para as persoas con DCA que non foi concretada. José Manuel Rey explicou ao respecto que a Consellería que representa ten previsto concertar cando menos 20 novas prazas para a atención ao DCA en 2016, e incrementar a achega a través do convenio que mantén coa Federación ata 211.500 euros. Por último, sinalou que a Consellería estudaría a proposta de FEGADACE de dotar a franxa Atlántica de prazas de residencia para persoas con dano cerebral.

O Dano Cerebral Adquirido

O dano cerebral adquirido é unha lesión que se produce no cerebro de forma súbita en persoas nacidas sen dano ningún. A súa principal causa é o ictus, seguido dos traumatismos cranioencefálicos (sobre todo por accidentes de tráfico, pero tamén laborais, caídas, golpes…), que provocan diferentes secuelas que constitúen o motivo desta discapacidade.

FEGADACE

FEGADACE constituíuse en 2007 polas cinco asociacións de dano cerebral que traballan en Galicia: ADACECO na Coruña, ADACE en Lugo, Alento en Vigo, Renacer en Ourense e Sarela en Santiago. O seu obxectivo é contar cunha plataforma común de interlocución, coordinación e divulgación das necesidades do colectivo de persoas con dano cerebral adquirido.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.