1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

250215 sosGaliza - CIG - A Plataforma convoca en todas as áreas sanitarias actos contra o desmantelamento e privatización do sistema sanitario público galego.


A CIG manifestou, na xuntanza celebrada a pasada semana coa Plataforma SOS Sanidade Pública, o seu apoio ás mobilizacións contra o desmantelamento e privatización do sistema sanitario galego, previstas en todas as áreas sanitarias para o xoves día 19 de marzo. Así o transmitiu o secretario Xeral da CIG, Suso Seixo, ao representante da plataforma, Manuel Martín, que participou na xuntanza xunto coa secretaria nacional de CIG-Saúde, María Xosé Abuín.

A CIG forma parte de SOS Sanidade Pública desde a súa constitución, impulsando, traballando e poñendo ao dispor da Plataforma todos os recursos materiais e humanos posíbeis para favorecer e apoiar as mobilizacións e demandas realizadas pola mesma.

Por iso na xuntanza celebrada na sede da central sindical a petición de SOS Sanidade Pública o secretario xeral da CIG, Suso Seixo, manifestou non só o apoio ás mobilizacións previstas para o día 19 de marzo, senón que mesmo propuxo que estas sexan o inicio doutras a desenvolver de aquí a final de ano, de carácter máis específico, para denunciar esas políticas privatizadoras que o PP está a desenvolver naqueles servizos concretos que, desde SOS Sanidade Pública, sexan considerados estratéxicos.

A CIG vén denunciando, desde a chegada do Partido Popular, a política de recortes de prestacións e servizos da sanidade pública, que viu acompañada dun recorte de persoal sanitario que está provocando un grave deterioro da calidade deste servizo público esencial.

Xunto a isto, vén alertando de que con estes recortes e co deterioro na calidade asistencial que están a provocar, o Partido Popular prepara o camiño cara a súa privatización progresiva co obxectivo de pór fin ao sistema sanitario como até o de agora o coñeciamos: público, universal e gratuíto.

Por iso considera indispensábel mobilizarse na súa defensa e fai un chamamento a sumarse ás convocatorias que desde SOS Sanidade Pública se realicen.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.