1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (2 Votos)

cropped-cabeceira4Galiza - CNM - O Colectivo Nacionalista de Marín quere manifestar a súa preocupación polo futuro do centro de saúde de Marín ante as informacións publicadas sobre a implicación da empresa Cofely na trama de corrupción investigada na Operación Púnica. Facémonos eco da denuncia feita pola Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública que pon en cuestión a realización dos proxectos adxudicados a Cofely e pide unha investigación sobre o proceso de concesión a esta empresa.


Cofely é a empresa adxudicataria da redacción do proxecto, dirección de obra, mantemento e subministro eléctrico do novo centro de saúde de Marín, alén, curiosamente, doutros 14 novos centros en toda Galiza e a ampliación do Hospital do Salnés.

A construción do centro de saúde, financiadas nun 80% polos fondos do programa Feder Galiza da Unión Europea, cuxo remate estaba previsto para decembro de 2015 podería verse perxudicada pola investigación desta trama corrupta ao poñer en perigo a financiación dos centros de saúde adxudicados a esta empresa.

Desde o Colectivo Nacionalista de Marín entendemos que o modelo de construción e xestión de infraestruturas sanitarias alén de procurar a privatización da sanidade, é un fracaso. Ficando en evidencia, máis aínda, cando este modelo, que pon en perigo o futuro da sanidade galega, está salpicado de tramas de corrupción e tratos de favor a empresas amigas.

Hai uns días, a alcaldesa de Marín, a Sra. Ramallo, xa en precampaña electoral, facía unha declaracións con respecto ao centro de saúde nas que afirmaba que “se seguen a dar pasos firmes que xa non terán volta atrás”. Desde o Colectivo Nacionalista moito nos tememos que este optimismo da alcaldesa vaia ficar en augas de castañas pois, ao se descubrir esta trama, vai haber moitas dificultades para que o centro de saúde se convirta nunha realidade.

O Colectivo Nacionalista de Marín Demanda da Xunta de Galiza explicacións claras sobre o futuro de centro de saúde de Marín e súmase ás peticións de aclaración e investigación de todas as adxudicacións á empresa Cofely.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.