1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

150914 limpezaGaliza - CIG - A CIG-Saúde denuncia a "caótica situación" que se vive no centro médico.


A CIG-Saúde vén de denunciar publicamente a "caótica situación" na que se atopa o hospital Xeral de Vigo, "onde os recortes chegan a tal extremo que se está a desatender incluso a limpeza e o mantemento do centro". Dende a central nacionalista lembran que a Xerencia ten o compromiso de esixirlle á empresa que cumpra o prego de condicións do contrato, que manteña o hospital en condicións e que poña os materiais necesarios para garantir a limpeza.

A federación de Saúde sostén que a compañía debe de contar co persoal suficiente para garantir o servizo para o que foi contratada, "cousa que non está a facer, e a pesares do cal a Xerencia mira para outro lado".

Dende a central aseguran que non se pode consentir que o Xeral se atope neste estado de abandono "coa escusa da apertura do novo hospital no verán de 2015" e sinalan as numerosas deficiencias que presenta: non conta cun mantemento mínimo, as instalacións atópanse deterioradas, hai cortes eléctricos, o persoal non dispón de roupa para traballar, os vestiarios non están en condicións, hai roturas de paredes e teitos, falta mobiliario... ao que agora hai que sumar as queixas dos traballadores/as pola falta de limpeza".

"Todo isto tamén está a acontecer no Rebullón, outro gran esquecido, xa que o centro estase a caer a cachos e algúns espazos son un perigo para os traballadores/as, comezando polos vestiarios, que non dispoñen do mínimo imprescindíbel", indican.

Finalmente, censuran que á actual dirección do centro vigués non lle importa en que condicións está a traballar o cadro de persoal, se ten ou non os medios suficientes e se se pode garantir unha calidade asistencial mínima a pacientes e usuarios/as.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.