1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

010814 sergasGaliza - CIG - Servizo Galego de Saúde coloca a persoal da súa confianza sen ter a categoría esixida


O sector da Autonómica da CIG-Administración considera que é un "desprezo" á normativa da Función Pública e un "menosprezo" polos servizos públicos
O sector da Autonómica da CIG-Administración vén de denunciar a colocación a dedo de persoal no SERGAS. Asegura que a consellaría de Sanidade utiliza "de xeito perverso" a figura da comisión de servizos para "colocar a amigos e amigas" en postos de responsabilidade, "moi ben remunerados e sen ter a titulación requirida para ejercer esas funcións".
edificio SERGAS
Lembra que xa en xuño de 2011 denunciara os trapicheos que, naquel momento, manexaba a Consellaría de Sanidade con respecto á colocación de persoal en postos, sen cumprir a normativa de Función Pública. Daquela denunciárase que tanto a, nese momento, vicexerenta do Sergas, Mª Eugenia Lado Lago, como a subdirectora de Desenvolvemento e Seguridade Asistencial, Mercedes Carreras Viñas, non cumprían cos requisitos necesarios para ocupar estes postos. Na actualidade aparecen "cesadas" das súas funcións, segundo o directorio telefónico da Xunta.

Non en tanto, denuncia que Sanidade segue cometendo as mesmas irregularidades. Lembra que o pasado 17 de xuño, a Federación de CIG-Saúde preguntou pola persoa que estaba a ocupar a xefatura de Servizo de Innovación Sanitaria que, segundo o directorio telefónico naqueles momentos estaba ocupada por Rodrigo Gómez Ruiz. Denunciábase que esta persoa era persoal da FEGAS (Fundación Escola Galega de Administración Sanitaria) coa categoría de Auxiliar Administrativo C2, e que con esa categoría fora integrado, segundo o decreto 91/2007 do 26 de abril, como persoal estatutario do Sergas, polo que non podería ocupar un posto reservado para a categoría A1.

Posteriormente, a Dirección Xeral de Recursos Humanos emitiu un informe sinalando que esa praza estivera vacante desde a súa creación, a finais de 2013. "Curioso que a Administración cree unha nova praza en pleno proceso de reestruturación de postos -ou de recortes, para entendernos mellor- e non o cubra", matiza a CIG-Autonómica. Tamén neste informe, o Sergas sinalaba que Rodrigo Gómez Ruiz "non ocupa ningún posto de traballo na relación de postos de traballo" de Sanidade. Pero ao mesmo tempo que se emitiu ese informe, curiosamente tamén, actualizouse o directorio telefónico e esta persoa deixou de "exercer" as funcións de xefe de servizo, ou cando menos, deixou de figurar con esa categoría.

Non obstante, no mesmo documento, o Sergas recoñece que esta persoa si está a prestar servizos na Subdirección Xeral de Investigación, Docencia e Innovación do Sergas dende o 13 de marzo de 2013. Recoñece tamén que a categoría que ten é dun grupo C2 e sinala que as percepcións económicas se corresponden á súa praza de orixe. Porén, "cremos que esta persoa podería ter unha retribución maior por medio dun programa especial. Práctica moi habitual da consellaría de Sanidade para retribuír, de xeito escuro (xa que non é público) a determinado persoal e equiparalos a un nivel económico de xefe de servizo, como se fosen estes os fondos reservados do Ministerio do Interior", afirma.

A isto engade que "as mentiras do Sergas" evidéncianse cando na páxina web www.escueladedirectivossanitarios.es (xestionada polo FEGAS e o SERGAS) pódese comprobar moi facilmente que esta persoa representa á Consellaría de Sanidade como "Coordinador da Plataforma de Innovación da Consellaría de Sanidade e do Servizo Galego de Saude". Licenciado en Ciencias Políticas e da Administración. É experto en Community Management: Empresa 2.0 e Redes Sociais. Foi Responsábel da Unidade de Desenvolvemento e Innovación da FEGAS."

Conclúe así a CIG-Autonómica que "é moi claro que a Consellaría de Sanidade mente e falta ao respecto a todo o persoal da Xunta de Galiza cando afirma que esta persoa presta "servizos de colaboración temporal" e tamén cando di que non cobra máis do que cobraría no seu posto de orixe, persoal de servizos xerais, correspondente a un auxiliar administrativo na Función Pública Galega".

Ante isto, vén de lle exixir ao Sergas e ao departamento da Función Pública que se "depuren responsabilidades con respecto a esta forma clientelar de colocación de amigos e de premiar economicamente estas vontades servís" e que se deixe de utilizar esta forma "perversa e ilegal" de provisión de postos de traballo incumprindo a normativa vixente. "Avisamos de que emprenderemos as accións xudiciais oportunas no caso de que non se revertan estas situacións ilegais".

O sector da Autonómica da CIG-Administración chama atención da cidadanía en xeral para que valore "que tipo de responsábeis políticos exercen a dirección da política sanitaria deste país, que son capaces de ocupar cargos sen ter a categoría requirida e que chegan até a Vicexerencia do propio Servizo Galego de Saúde". Entende que, ademais dun "desprezo" á normativa da Función Pública, isto evidencia un "menosprezo total e absoluto" polos Servizos Públicos e pola propia cidadanía que é a usuaria destes e que merece unha Sanidade Pública, gratuíta e xestionada por responsábeis competentes e honestos.

Foto: Adrián Irago.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.