1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

Cama Hospital.previewGaliza - CIG - A CIG-Saúde de Lugo vén de trasladar o rexeitamento ás previsións de peche de camas para o próximo verán no HULA, comunicadas estes días pola dirección do hospital. Un peche que afecta a máis de 400 camas, “seguindo un criterio de rotación entre as plantas e sen ter en conta o índice de ocupación”.


Este mesmo luns, o persoal de enfermería da planta de xeriatría 3A1 asinou un escrito dirixido á Dirección Xerencia do HULA para  manifestar o seu absoluto desacordo co peche da unidade durante tres meses de verán. Neste senso, a Secretaria Comarcal da CIG-Saúde, Carme Aira, denuncia o incongruente da decisión, xa que este unidade ten unha ocupación do 100% ao longo de todo o ano e o peche da mesma supón ter que trasladar as/os doentes da especialidade a outras plantas con baixa ocupación.

“O aforro de persoal está  a ser  unha consigna desta dirección, sen importar que afecte  gravemente á calidade asistencial, sendo o caso desta unidade dobremente grave”, advirte. En xeriatría o cadro de persoal é moi  deficitario, tendo en conta a dependencia dos/as doentes que, ademais, da atención sanitaria polas múltiples doenzas, requiren dunha asistencia específica para as actividades da vida diaria, en razón da súa dependencia.

“Como non podía ser doutro xeito, un ano máis a CIG-Saúde ten que saír no apoio de doentes e traballadoras para opoñerse rotundamente a esta política de peches, que paso a paso se vai incrementando”. “Esta Dirección xa sabe o que acontecerá este verán e decide pechar máis  de 400 camas, seguindo un criterio rotacional e sen ter en conta o índice de ocupación. Un criterio economicista sostido a pulso, que só repercute negativamente tanto nas relacións laborais como asistenciais”, denuncia.

Malestar entre o persoal de enfermería de cirurxía vascular

Pola súa banda, a pasada semana, foi o persoal de enfermería de cirurxía vascular e nefroloxía remitiu quen remitiu un escrito de protesta á dirección pola falta de cobertura das baixas, o que está a provocar que a carga de traballo no servizo do andar 4B2 sexa moi elevada. A isto hai que sumarlle que as curas de vascular nalgúns casos levan até 40 a 50 minutos, “co que isto supón cando se levan máis de 10 doentes por profesional”. 

“As condicións laborais profesionais e laborais do persoal empeoran día a día pola política de reducións e aforro”, denuncian no escrito, no que critican que a “dirección de enfermería non se preocupa nin do seu persoal nin da calidade profesional, simplemente entende de aforrar e de ser servil coa dirección médica”.

Nesta mesma liña, dende a CIG-Saúde de Lugo critican que a política da dirección do centro é “abusiva co persoal” e o único que consigue é que cada día os traballadores e traballadoras se sintan máis presionadas. Deste xeito, fórzase a que “se traballe cunha tensión innecesaria” e facilmente evitábel “se se fixera unha política de persoal correcta, tanto para as/os traballadores, como para os/as asegurados/as”.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.