1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

090413 salvemosGaliza - CIG - A Xunta de Persoal advirte que co Decreto de Área Provincial, o PP asina "a acta de defunción" do Hospital da Costa.


O órgano de representación esixe un decreto de área propio que garanta a continuidade e a mellora das prestacións sanitarias da Mariña.

A Xunta de Persoal da Área Sanitaria da Mariña expresou o seu enérxico rexeitamento ao nacemento do Decreto de Área Sanitaria da provincia de Lugo publicado polo Goberno de Alberto Núñez Feijoo, e "que sentencia a morte á Sanidade da cidadanía da Mariña". Unha decisión política que, advirten, centralizará as especialidades en Lugo, provocará o peche de servizos do Hospital da Costa e a destrución de emprego sanitario, "desmantelando pouco a pouco a carteira de servizos e obrigando a cidadanía a desprazarse a 100km para acudir ao/á médico/a especialista e para todas aquelas intervencións cirúrxicas non urxentes".

Dende a Xunta de Persoal critícase que logo das reiteradas promesas electorais do goberno do PP nas que aseguraban que a sanidade da Mariña nunca ía perder a súa independencia, que mantería a súa capacidade propia de xestión, o pasado venres 05 de abril, a Xunta publicou un Decreto que recolle todo o contrario ao prometido, baleirando de orzamentos propios ao Hospital da Costa e poñendo nas mans de Lugo o poder de decisión das necesidades Sanitarias da Comarca.

Así, denuncia o Presidente da Xunta de Persoal, Adolfo Corral, "demostran que aquelas promesas electorais eran un arma baseada no engano que só perseguía acadar a maior representación parlamentaria posíbel para logo levar a cabo os seus proxectos ocultos: centralizar a Sanidade nas Cidades como paso previo á privatización da mesma, tal e como fixeron os seus homólogos de Madrid e Valencia".

Por iso, a Xunta de Persoal culpabiliza de maneira especial aos alcaldes populares da Mariña pois, lonxe de defender a sanidade da cidadanía dos seus concellos, "aplauden as decisións tomadas polo seu líder, desprezando a invitación dos profesionais sanitarios e deixando claro, que non lles interesa escoitar aos que realmente coñecen as consecuencias de pasar a depender de Lugo, que non queren escoitar aos milleiros de cidadáns que apoiaron coa súa sinatura o escrito promovido polos traballadores e traballadoras do noso Hospital pedindo un decreto de Área propia; que non queren escoitar ao resto de partidos políticos; e non queren escoitar as denuncias que dende esta Xunta de Persoal, Órgano de representación das traballadoras e traballadores da sanidade da Mariña, vimos facendo públicas". "E non escoitan, aseveran, porque a súa prepotencia os deixou xordos e a súa incompetencia tradúcese en darlle ás costas a ese pobo que cos seus votos, os colocou onde están".

Coa publicación deste decreto o Hospital da Costa pasa a ter un Xerente Executor, sen capacidade de decisión, sometido ás ordes do que diga o Xerente de Área de Lugo; "en resumo, un Xerente creado para Executar na nosa Comarca as decisións que dende Lugo lle trasladen".

Para a Xunta de Persoal con este Decreto perséguese centralizar as especialidades en Lugo, o peche de servizos do Hospital da Costa e a destrución de emprego sanitario, desmantelando pouco a pouco a carteira de servizos que tiña o hospital e obrigando a cidadanía da comarca a desprazarse a 100km para acudir ao/á médico/a especialista e para todas aquelas intervencións cirúrxicas non urxentes.

A este respecto, informaron que tiveron coñecemento de que usuarias da Mariña xa comezaron a recibir citación mediante carta para acudir á realización de mamografías a Lugo. "Rematan de publicar o Decreto, e pacientes que eran atendidas no noso Hospital, son agora obrigadas a desprazarse cara a Lugo. Estas son as promesas de melloras que anuncian os dirixentes do PP, as promesas da ampliación, as promesas da Unidade de Oncoloxía, as promesas da mentira e do engano", critican.

A Xunta de Persoal da Área Sanitaria da Mariña esixe a retirada do Decreto de Área Provincial e o cumprimento da promesa electoral coa publicación do Decreto de Área propio da Mariña, "única ferramenta para garantir a continuidade e a mellora das prestacións Sanitarias tanto do Hospital da Costa como dos nosos Centros de Saúde".


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.