1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (1 Votos)

280313 hospitalGaliza - CIG - Considera que o modelo de licitación escollido pon en perigo a execución do proxecto.


A Plataforma pola Defensa e Mellora da Sanidade Pública de Ourense denuncia que o modelo de licitación escollido pola Xunta para a construción do edificio de hospitalización do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO) vincula o proceso coa privatización de servizos básicos hospitalarios. Dende o colectivo sosteñen que periga a execución do proxecto xa que previamente ten que haber "unha empresa ou grupo de empresas que asuman a contratación do que se chama xestión integral de espazos, que non é outra cousas que a explotación do aparcadoiro, cafetería e outros espazos comerciais".

A Plataforma, da que forma parte a CIG, considera moi preocupante o feito de que a licitación do proxecto -publicada no DOG o pasado 19 de marzo- quede supeditada a que previamente haxa unha empresa ou grupo de empresas que asuman a contratación do que se chama Xestión Integral de Espazos do CHUO (labores de mantemento, seguridade, limpeza e subministro enerxético).

Segundo denunciaron onte nunha rolda de prensa celebrada no local da central nacionalista en Ourense, isto significa vincular o plan director a un proceso de privatización de moitos dos servizos e prestacións que precisa un hospital para poder funcionar. De feito, o Goberno galego sacou a concurso nas semanas previas á licitación das obras a Xestión Integral de Espazos por un valor de 150 millóns de euros a repartir en 10 anos.

"No caso de que existisen problemas co concurso de xestión integral de espazos, o proceso de licitación das obras do edificio de hospitalización podería sufrir dificultades", sosteñen. Neste senso, critican que a decisión da Consellería de Sanidade demostra a aposta privatizadora do Goberno de Núñez Feijoo e supón introducir "pola porta de atrás" o modelo de financiamento público/privado na construción del hospital de Ourense.

Así mesmo, indican que a empresa adxudicataria do concurso de xestión de servizos terá que financiar parte das obras do plan director a cambio de que se deixe nas súas mans os servizos estratéxicos do hospital. "Isto significa que de non aparecer unha empresa que se faga cargo desta licitación as obras do plan director non poderían ser postas en marcha".

Finalmente, lamentan que o proxecto non estará rematado, "non mellor dos escenarios", até o final da actual lexislatura, "é dicir máis de oito anos despois de que o Goberno de Feijóo paralizase un proxecto que xa estaba en marcha en 2009 e de demorar 'sine die' os centros de saúde do Couto, Vinteún e Barbadás".


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.