1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

051212 saudeGaliza - CIG - Organizacións sindicais e Plataformas realizaron este martes mobilizacións nos hospitais e centros de saúde.


Traballadores e traballadoras dos hospitais e centros de saúde do país desenvolveron este martes unha xornada de protestas en contra do proceso de desmantelamento e privatización do sistema sanitario público e para demandar que os Orzamentos da Xunta para 2013 se contemplen as partidas necesarias para garantir e fomentar a sanidade pública.

Coas mobilizacións e accións, convocadas polas organizacións sindicais CIG, CCOO, CESM, Omega, CSI-F, SAE, SATSE e UGT, quérese denunciar o camiño privatizador iniciado polo Goberno da Xunta do PP na anterior lexislatura e no que previsibelmente tentarán profundar, seguindo os pasos do Goberno do PP na comunidade de Madrid. Un proceso de privatizacións que ten como finalidade converter a sanidade pública galega nun gran negocio para que grupos empresariais como Capio poidan "manexar ao seu antollo os cartos públicos para obter grandes beneficios a costa da saúde da poboación".

Por iso e para garantir o carácter público e universal da sanidade, as organizacións sindicais demandan que nos Orzamentos da Xunta para o vindeiro ano se contemple:

- Un incremento do investimento na Sanidade Pública, recollendo as necesidades que neste momento existen por mor das políticas seguidas estes últimos anos.

- Eliminación da taxa de reposición, xa só se está a cubrir unha praza de cada dez vacantes que se producen. Esíxese que se orzamenten e se cubran todas as prazas vacantes para despois convertelas en emprego estable: OPEs e concursos de traslados.

- Un aumento das prazas de persoal estatutario que suplan as carencias actuais.

- Recuperación da contratación e que se cubran todas as ausencias do persoal.

De igual, a Plataforma SOS Sanidade Pública tamén convocou este martes un acto lúdico-reivindicativo en Santiago de Compostela e a Plataforma para a Defensa da Sanidade de Ferrol unha manifestación contra o desmantelamento, o repago e a privatización.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.