1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

271012 familiasGaliza - FEGADACE - Decorreu durante toda a xornada de hoxe en Santiago de Compostela


O I Foro de Familias de persoas con dano cerebral clausurouse cos obxectivos da visibilización e do potenciamento do asociacionismo

O recoñecemento do movemento asociativo en torno aos afectados por dano cerebral e as súas familias e a necesidade de visibilización desta problemática centran e resumen as conclusións do I Foro de Familias de persoas con Dano Cerebral Adquirido (DCA), que se celebrou hoxe en Santiago, organizado pola Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE).

Nesta xornada escoitouse a ponencia do doutor Miguel Anxo García, psicólogo clínico no Hospital de Santiago; presenciouse unha mesa redonda co psicólogo clínico Javier Sardiña, a neuropsicóloga Rocío García e o educador social Gonzalo Mira; e, sobre todo, participouse activamente para tirar unhas conclusións que, en palabras de Enrique Castro, coordinador de FEGADACE, "vanse incluír nas nosas prioridades e incorporarse á práctica cotiá das entidades".

Estas conclusións son o resultado de cinco grupos de traballo nos que familiares, afectados e profesionais debateron a preparación para a alta hospitalaria, as formas de participación das familias nas asociacións de afectados, a promoción da autonomía persoal, o papel das entidades e das familias no contexto da crise actual e a perda de rol profesional e laboral dos familiares.

Salienta nelas unha constante, que é o recoñecemento do labor asistencial e reivindicativo que realiza o movemento asociativo. Reforzar esta unión é un dos principais obxectivos que se marcaron hoxe. Tamén afortalar o contacto destas asociacións cos hospitais, involucrar a máis familias e crear máis grupos de apoio que faciliten ás persoas con DCA a súa nova vida.

Visibilizar as consecuencias do dano cerebral e a problemática das familias e persoas afectadas é outra das necesidades que máis se salientaron. Facer á sociedade consciente de que existe este tipo de discapacidade para favorecer a normalización social dos afectados, axudalos na súa autonomía persoal e na súa inserción laboral, é outra das necesidades máis urxentes.

Empregar a forza da unión para dialogar coa administración e seguir reivindicando os dereitos das persoas afectadas, así como un financiamento equitativo en materia de discapacidade, foi outro dos puntos fortes. En resumo, "darnos a coñecer e escoitar" en todos os ámbitos sociais.

A xornada rematou coa entrega de recoñecementos a persoas significadas na defensa das persoas con DCA: o doutor Miguel Anxo García, polo seu apoio persoal e científico, e as familiares de afectados Gracinda Pampillón, Eliana Villar, Carmen Rei, Rosa María de Roque e Mari Luz Rodríguez, pola súa implicación nas asociacións a pesar das súas dificultades persoais.

Clausuraron o Foro de Familias as palabras da Subdirectora Xeral de Promoción da Autonomía Persoal, Patricia Toubes, que agradeceu encarecidamente o convite, e o discurso do secretario de FEGADACE, Fidel Castro, que volveu apelar á unidade, recoñeceu o éxito de asistencia, e convidou "ao II Foro de Familias o ano que vén".


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.