1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

011012 sossanvigoGaliza - CIG - A manifestación partirá da Praza dos Cabalos este mércores día 3 a partir das 20.00 horas.


A Plataforma SOS Sanidade Pública e a Xunta de Persoal da área sanitaria de Vigo chaman a todos/as os veciños/as da comarca a participar na manifestación convocada este mércores día 3 para reclamarlle á Xunta de Galiza que recupere a concesión do novo hospital e remate o proxecto "dende o ámbito do público". A mobilización partirá das Praza dos Cabalos a partir das 20.00 horas.

O voceiro da Plataforma, Manuel G. Moreira, da CIG, explicou que decidiron convocar a protesta tras constatar que o centro hospitalario que se está a construír en Valadares "non é o que Vigo necesita" e criticou tamén o modelo de financiamento escollido para executar o proxecto, ademais de lembrar que os cambios intoducidos no proxecto buscan beneficiar ás empresas. "Nós somos os primeiros/as que queremos un novo hospital, pero temos que esixir que sexa unha infraestrutura con capacidade para dar cobertura a unha poboación de 600.000 persoas".

Ao mesmo tempo, o representante sindical indicou que as forzas políticas que concorren ás eleccións galegas teñen que comprometerse coa cidadanía e facer público o que pensan facer co novo hospital, cuxas obras perigan por falta de financiamento privado. "Con esta manifestación pretendemos que a poboación de Vigo e comarca se exprese na rúa en defensa dun hospital en condicións e da sanidade pública universal".

Neste senso, Moreira alertou sobre os ataques que está a sufrir o sistema sanitario universal (copago, maiores requisitos para acceder á asistencia sanitaria...) e desvelou a existencia dun borrado presentado polo PP no que se fixan unha serie de cantidades (arredor duns 60 euros para os menores de 64 anos e arredor duns 155 para os maiores desta idade) que deberán abonar todas aquelas persoas que non estean aseguradas ou non sexan beneficiarias do seguro para acceder á asistencia sanitaria no Estado español. "Nun primeiro momento serán as persoas inmigrantes as que queden fóra do sistema sanitario público, pero máis ampliarán a outros colectivos, como os menores de 26 anos que nunca teñan cotizado".

Finalmente, indicou que a Plataforma SOS Sanidade Pública Galega manterá unha xuntanza esta tarde en Santiago para consensuar un manifesto onde se denuncien todas estas agresións ao sistema sanitaria público e se reclame o mantemento dunha asistencia universal e gratuíta.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.