1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

270812 hospitaldevigoGaliza - SOS-Sanidade Pública - A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Vigo confirma as súas sospeitas sobre o parón  das obras do Novo Hospital de Vigo por carecer de fondos e esixe a inmediata dimisión da Conselleira de Sanidade por mentir.


A  Plataforma en Defensa dá Sanidade Pública de Vigo. presentou en abril do ano pasado un recurso xudicial contencioso-administrativo contra a decisión do SERGAS de deixar en mans de empresas privadas o Novo Hospital de Vigo.

Un dos múltiples motivos alegados pola Plataforma nese recurso xudicial era o de que o modelo privatizador elixido polo SERGAS ten un custo significativamente maior que se se xestionase públicamente e iso entre outras razóns porque “os mercados de crédito a empresas privadas practicamente desapareceron e son ineficientes como fonte de financiamento a longo prazo, sendo inxenuo esperar que os mercados volvan a intereses tan baixos como os de épocas pasadas” (Price-Waterhouse-Coopers 2008). A pesar destas razoadas consideracións, avaladas pola cidadanía en manifestacións multitudinarias, nin desde a Presidencia da Xunta nin desde a Consellería de Sanidade rectificaron senón todo o contrario.

O tempo dá a razón a Plataforma na denuncia de falta de fondos da concesionaria para afrontar a construción do Novo Hospital, agora privado, (como se mostrou documentalmente na Roda de Prensa) mentres que a máxima responsable da Sanidade Pública galega  minte afirmando o contrario diante de máis dun centenar de representantes da sociedade viguesa: empresarios, médicos, o presidente do Colexio de Médicos de Pontevedra, o reitor da Universidade de Vigo e outras autoridades, na súa visita ao Club Financieiro de Vigo o pasado 4 de Xullo.

Por estas mentiras e polos graves prexuízos que o modelo de financiamento privado supuxo para a sanidade pública de Vigo esiximos a súa inmediata dimisión.

 

 

Plataforma esixe así mesmo  o rescate inmediato da Concesión da obra do novo hospital pola Xunta de Galicia para que se corrixan os recortes introducidos no proxecto para garantir o negocio ás concesionarias e para que se renoven de xeito urxente as obras dada a grave situación pola que pasa a asistencia hospitalaria de Vigo

Plataforma denuncia a pretensión da Sociedade Concesionaria de que o Xulgado lle impoña unha condea en costas habida conta de que o fai sen achegar proba ningunha..

Para finalizar, a Plataforma  lembra ao Presidente da Xunta, que xa é demasiado o seu retraso en dar cumprimento ao que o texto da Resolución lexislativa aprobada polo Pleno do Parlamento Europeo na súa sesión de 26 de Outubro de 2006 sobre a colaboración público-privada e o Dereito comunitario en materia de contratación pública e concesións (2006/2043) recomenda no seu punto 14 que é que “na aplicación das colaboracións privada-pública se prevea a rendición de contas obrigatoria aos cidadáns”.

Foto: LVG


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.