1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

060812 capelahospitalferrolGaliza - Esculca - A condición dos sacerdotes nos centros sanitarios non variou desde 1995, ano en que Romay Beccaría, entón conselleiro de Sanidade, e Gómez González, bispo de Lugo e representante das dioceses galegas, asinaron o convenio cadro para a asistencia relixiosa católica nos hospitais públicos que ainda rexe as relacións entre o Sergas e a Igrexa.


En 2010, o último exercicio do que a Xunta ofreceu datos, eset acordo permitiu financiar con 750.000 euros os servizos relixiosos de 55 curas aos pacientes dos hospitais públicos e das súas familias. A que cantidade chega a partida de 2012 é unha incógnita: nin a Xunta a especifíca nos seus orzamentos nin o Sergas facilitou a cifra a parlamentares do grupo socialista e ao xornal El País que o solicitaron, como tampouco aclara se o persoal de sacerdotes sufriu os recortes que afectaron outros colectivos.

O documento, que tampouco anulou Maria José Rubio, conselleira de sanidade da etapa do bipartito -de feito, prorrogouno cando finalizou a súa vixencia en 2005-, establece na súa primeira cláusula que o Sergas debe "facer efectivo o dereito garantido polo convenio asinado entre o estado español e a Santa Sé con data de xaneiro de 1979 á asistencia católica dos enfermos católicos internados nos centros da rede pública hospitalaria da comunidade autónoma de Galicia". Esta axuda católica consiste, segundo o acordo, na visita aos enfermos e o asesoramento en cuestións "relixiosas e morais" ,a celebración dos actos de culto e a administración dos sacramentos e a colaboración na "humanización" da asistencia hospitalaria. Aínda que a Xunta non aclara cantos curas mantén na actualidade nas clínicas públicas, a figura do capelán está presente en centros de toda Galiza, desde hospitais comarcais como o de Burela a outros de maior tamaño, como o Complexo Hospitalario Universitario de Santiago.

Foto: El País


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.