CIG-Saúde vén de denunciar o peche, durante os meses de xullo e agosto, de 259 camas no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS), das que 171 correspóndense co Hospital de Conxo, onde tamén pechan 11 quirófanos. Isto supón, na práctica, o peche deste centro de saúde. No Hospital Clínico pechan 36 camas e no Gil Casares, 52, o que implica tamén, na práctica, o peche deste centro hospitalario. O peche total de camas no complexo, supera este ano o de veráns anteriores.
CIG-Saúde da área sanitaria de Compostela denuncia o deterioro da sanidade pública, derivado da restrición do gasto sanitario e dunha xestión que entende a sanidade como un método para producir beneficios a conta dos doentes. "Non entendemos como, cando a espera media para operacións cirúrxicas é de 69,5 días, moi por riba dos 57 do ano 2007, se permite un peche de 40 camas máis que o ano anterior, cunha diminución da actividade asistencial tan importante", afirman.
Do mesmo xeito, cuestionan este modelo de xestión, que prima o peche de camas nos meses de verán e que potencia o resto do ano as peonadas –horas extra- en quendas de tarde como método para facer cadrar os números nas listas de espera. "A optimización dos recursos supón que cando se inviste na remodelación dos quirófanos no Hospital de Conxo, cando menos haberá que sacarlles o máximo rendemento e non deixalos inoperativos no verán", din.
Dados separados:
|
SERVIÇOS |
Nº CAMAS |
PERÍODO DE FECHAMENTO |
|
HOSPITAL DE CONJO |
||
|
TRA-CMF-URO-UCEP |
44 |
15 julho – 16 setembro |
|
CGD-OFT-DERM |
45 |
15 julho – 15 setembro |
|
TRA-CPL |
43 |
15 julho – 16 setembro |
|
NEUM |
24 |
1 julho – 1 outubro |
|
UCI-REA |
5 |
15 xullo – 16 setembro |
|
DESPERTAR |
10 |
15 xullo – 16 setembro |
|
HOSPITAL GIL CASARES |
||
|
MIR-DER |
43 |
1 julho – 1 outubro |
|
UME-PAL |
9 |
1 julho – 1 outubro |
|
HOSPITAL CLÍNICO
|
||
|
CGD |
20 |
15 julho – 16 setembro |
|
CG PED-LACT |
16 |
15 julho – 16 setembro |

