first
  
last
 
 
start
stop
Arquivado em: fumigaçons  saude  territorio  
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

mapa fumiGaliza - Fumigaçons nom - Desde a Plataforma contras as fumigacións queremos informar a todos os concellos e queremos tamén que se posicionen en defensa dos seus veciños e veciñas, prantándolle cara á patronal do papel e á Xunta de Galicia.


Queremos extender a todos os concellos galegos unha proposta que xa tivo éxito nalgúns concellos coma Ribadeo, Oleiros, Narón ou Vilaboa, que se posicionan contra as fumigacións, na defensa da seguridade da súa comunidade, do seu medio e por unha política forestal máis respectuosa e sustentable.

A nosa acción require da vosa colaboración para entregar en todos os concellos, de xeito coordinado, unha moción para que sexa debatida no próximo pleno do voso concello, en contra das fumigacións con Cascade.

Trátase de entregar dous documentos, que poñemos á vosa disposición, no rexistro do voso concello, á atención da alcaldía do mesmo, e procurar facer un seguimento do que se discuta no pleno.

Os documentos

A moción: Este documento contén unha exposición da problemática das fumigacións con flufenoxurón e unha explicacións dos motivos polos que nos posicionamos en contra dos mesmos. Finalmente insta ao concello a facer unha declaración institucional onde adopta os seguintes acordos:

  • Non permitir as fumigacións aéreas con Cascade no seu término municipal
  • Instar á Xunta a que non autorice as fumigacións
  • Fomentar unha xestión forestal sostible

Os diferentes grupos políticos deben ser informados desta moción e por iniciativa dalgún deles podería ser discutida no pleno. Por isto é importante que, se podedes contactar con representantes dalgún partido político con representación no pleno lles informedes desta campaña, solicitando o seu apoio á moción.

A instancia: A instancia é un documento que achegamos á moción cando o entregamos no rexistro do concello para informar de que estamos a entregar unha moción que queremos que sexa trasladada aos diferentes grupos políticos no governo municipal.

Manual: como entregar a moción no teu concello

  • Descarga os modelos de instancia e moción
  • Cubre os datos da instancia e da moción cos teus datos e cos do teu concello e imprime os documentos
  • Diríxete ao teu concello e fai entrega, no rexistro, dos dous documentos: instancia + mociónConsulta e toma nota da data de celebración do próximo pleno
  • Pregunta como podes informarte do resultado do próximo pleno
  • Contacta cos grupos políticos e busca o compromiso dalgún deles para propoñer e apoiar a moción
  • Informa a través da web da Plataforma da entrega da documentación (podes facelo con un comentario nesta entrada)

Planificación da acción

Até o día 20 de xullo buscaranse voluntarios e voluntarias que queiran colaborar entregando mocións nos seus concellos ou nos das súas proximidades. Na seguinte semana, a partir do día 23, realizarase a entrega das mocións.

podes descarregar os documentos en diferentes formatos aqui

 


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Adicionar comentário

Diário Liberdade defende a discussom política livre, aberta e fraterna entre as pessoas e as correntes que fam parte da esquerda revolucionária. Porém, nestas páginas nom tenhem cabimento o ataque às entidades ou às pessoas nem o insulto como alegados argumentos. Os comentários serám geridos e, no seu caso, eliminados, consoante esses critérios.

Código de segurança
Atualizar

first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: diarioliberdade [arroba] gmail.com

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.