1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

6366204725 92983dfd2c zGaliza - DdL/DL - O vindeiro xoves 17 de decembro a partires das 20:30 h. en O Lar do Queixa (Heraclio Botana, 6, Vigo) terá lugar a oitava actividade de celebración do X Aniversario dos censos de aves acuáticas da Asociación Fontaíña. Desta volta trátase da palestra “Observación de aves no esteiro do Miño” que será impartida por un membro de Anabam, Asociación Naturalista do Baixo Miño.


Foto de Elentir (CC by-sa/2.0/) - Estuário do Minho.

As actividades de celebración rematarán o 26-12-15 cun roteiro de día completo polo esteiro do Miño. A actividade será guiada polo monitor de ornitoloxía da asociación. A inscripción é obrigatoria enviando un correo electrónico a diegodalimia@gmail.com indicando o número de teléfono e se se dispón de prismáticos ou non (de non telos facilitarán uns).

Quedarán na estación de autobuses de Vigo ás 10:15 h. (porta da Avda. de Madrid) para chegar a Salcidos sobre as 11:45 h., hora na que comezaremos a camiñar polo esteiro onde xantaremos (cada quen debe levar bebida e xantar). Despois de disfrutar de aves como a aguia peixeira (Pandion haliaetus), o mergullón de pescozo negro (Podiceps nigricollis) ou o carrán cristado (Thalasseus sandvicensis), colleremos o bus de volta ás 18 h. para estar sobre as 19:30 h. en Vigo de novo.

Recoméndase levar roupa e calzado cómodo, e chuvasqueiro. O número de prazas é limitado.

Dende a asociación Fontaíña dan o seu "máis fondo agradecemento a todas as persoas que fixeron posible que se levaran a cabo estas actividades e ás persoas que participaron nas mesmas".


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.