1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

020815 oc.redimensionadoGaliza - CUT - Representantes dos movementos sociais e de agrupacións sindicais e políticas do país xuntáronse na mañá deste 29 de xullo na Praza do Obradoiro para ofrecer unha conferencia de prensa en nome da Columna Nacional Galega das Marchas da Dignidade.


O acto tivo lugar ante os medios con motivo da gran mobilización que a plataforma ten prevista para o vindeiro 24 de outubro. Trátase dun evento que contempla a marcha de varias columnas dende os distintos puntos de Galicia e que culminarán na emblemática praza reclamando, máis unha vez, Pan Traballo e Teito. A seguir ofrecemos a nota de prensa que as Marchas da Dignidade achegaron ós distintos medios de comunicación:

Desde as Marchas da Dignidade vimos dicir alto e claro que "a loita continúa!". Queremos manifestar que decididamente imos continuar o camiño emprendido o 22M do 2014 reafirmando o noso compromiso, en Galicia, coa clase traballadora e coa maioría social que, ben ó contrario do que nos queren facer ver os gobernos de turno cos medios de comunicación de masas ó seu carón, está sendo ultraxada polas políticas ultra-liberais impostas pola Troika e polos poderes financeiros ós que, lamentablemente, tamén se atopa sometida, formando parte activa como "colaborador necesario", a socialdemocracia europea.

Contra esta pandemia social xerada por un neoliberalismo depredador que impón recortes nos dereitos socio-laborais; expolia claramente os servizos, os recursos e as empresas públicas co único obxectivo de manter o seu nivel de renda, xerando, como nunca, galopantes cotas de pobreza onde non as había, con derivas de fame, dor e morte sobre todo nos pobos do sur. Xa non cómpren "panos quentes" nin "fármacos paliativos"; o que fai falla son accións e mobilizacións que fagan fronte nas rúas como maioría social que somos. Cómpre unidade de clase, unidade obreira e unidade popular.

A aposta polo camiño electoral, aínda que non é o único, non cabe dúbida que é lexítimo na procura dunha sociedade máis xusta, pero só poderá transitarse vitoriosamente baixo o paraugas da unidade popular dun pobo existente formado e mobilizado. É preciso o concurso de tódalas forzas posibles, co que teñen en común e sen renunciar ós seus principios, xa que os dereitos humanos, así como a solidariedade internacionalista e o anti-imperialismo abofé que son irrenunciables para calquera sector popular. Non serven as apostas que unicamente contemplen unha muda nas formas de encarar un ou outro proceso electoral. É imprescindible a unidade de clase, obreira e popular que, desde a mobilización na rúa e con formulacións xenerosas, se decanten por establecer un dique de contención fronte a este ultra-liberalismo galopante que nos mata.

Temos que analizar e aprender do acontecido en Grecia. Desde a nosa solidariedade, incuestionable co pobo grego, constatamos que a crise, tanto alí como aquí, non fixo senón establecer novas estruturas para configurar un modelo socio-político que non ten en conta ás persoas e usurpa con chantaxes a soberanía dos pobos en beneficio duns poucos xerando dor, sufrimento e morte entre a xente máis feble. Con eses acontecementos como fondo, ben cabe cuestionar se en realidade é posible unha alternativa ó réxime actual dentro desta Unión Europa e dentro do Euro.

No Estado español, moi a pesar do que nos quere facer ver hoxe o goberno do PP e os medios de comunicación manipulados, as cousas non están mellor. Amais das consecuencias da aplicación das políticas de austeridade e dos recortes aplicados por esixencia da Troika, sementando a desigualdade e a dor na xente, estamos a soportar unha involución democrática constatada nas reformas lexislativas impostas polo rodillo parlamentario do PP, coa complicidade do PSOE, e así o recoñece o propio Comité de Dereitos Humanos da ONU que vén de divulgar este 23 de xullo un informe sobre a aplicación dos dereitos civis e políticos no Estado español xunto cos de outros países como Reino Unido, Francia, a ex-república iugoslava de Macedonia, Canadá, Uzbekistán e Venezuela. Nesa listaxe a República Bolivariana de Venezuela aproba con boa nota, mais este organismo reproba durisimamente ó gobernos español ata en 26 apartados (Ley Mordaza, a trata de seres humanos, a expulsión dos refuxiados, aillamento das persoas detidas, malos tratos policiais, lei do aborto, lei de amnistía de 1977, etc.).

Hoxe é máis necesario ca nunca seguir traballando desde a Columna Galega das Marchas da Dignidade xunto co resto de movementos do 22M a nivel estatal. Temos que lle dar continuidade ó movemento na procura desa mobilización permanente que nos permita conseguir a imprescindible unidade de clase, creada pola base, cimentada no sindicalismo alternativo e cos auténticos movementos sociais e as forzas anticapitalistas nunha fronte sólida e crible que non defraude o pobo galego na superación de todas esas contradicións. Ne sentido temos acordada a seguinte folla de ruta para as vindeiras semanas e que nos comprace facer pública a partir de hoxe:

19 de setembro: II Asemblea Nacional das Marchas da Dignidade que se celebrará na Coruña.

24 de outubro: Mobilización nacional galega coordinada sobre Compostela coincidindo coa semana de loita descentralizada do 19 ó 25 de outubro que foi acordada polas Marchas da Dignidade a nivel estatal. Previamente, para o día 8 de outubro, están convocadas sete grandes manifestacións, tamén descentralizadas, nas sete cidades galegas.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.