1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

Burela desde casteloGaliza - Ateneu Ferrolano - Charla-coloquio "A integración das mulleres caboverdianas en Burela" coa antropóloga Luzía Oca González.


Foto de José Ramón García Areces (CC by-sa/3.0) - Burela.

Luns 18 de maio ás 19:00 horas, no salón de actos do Ateneo Presenta Paula Meizoso, vicepresidenta do Ateneo Ferrolán

Luzia Oca González, licenciada en Ciencias Políticas e Socioloxía pola Universidad Complutense de Madrid e doutora en Antropoloxía Social pola Universidade de Santiago de Compostela, profesora asistente na Universidade de Tras Os Montes-Alto Douro, fixo a súa tese de doutoramento sobre o tema "Caboverdianas en Burela (1978/2008): migración, relacións de xénero e intervención social". Esta investigación ten a súa orixe no traballo que a autora, Luzía fixo entre 1998 e 2000 co "Proxecto BogAvante", a primeira intervención empoderadora e participativa que se levou adiante coa comunidade caboverdiana en Burela. Luzia Oca González gañou a XIX edición do Premio Vicente Risco de Ciencias Sociais coa obra Caboverdianas na Mariña (1978-2008), que sairá publicado nos vindeiros meses. O premio está promovido conxuntamente polas Fundacións Sotelo Blanco e Vicente Risco, e os Concellos de Allariz e Castro Caldelas.

Na súa charla no Ateneo, Luzía Oca vai desenvolver as conclusións daquela intervención social e a investigación a que deu lugar, utilizando unha perspectiva feminista, con implicacións en temas tan diversos como a situación de Cabo Verde, as migracións ou as relacións de xénero ,entre outros.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.