1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

BibliotecasBibliotecariosInfamesGaliza - Ateneu Ferrolano - Presentación do libro Bibliotecarias e bibliotecarios “infames”: a depuración franquista do corpo bibliotecario republicano. O caso galego. , co seu autor, Francisco Xavier Redondo Abal, presentado por Eliseo Fernández, bibliotecario e presidente do Ateneo.


Xoves, 16 de abril, ás 19:30 horas, no Ateneo Ferrolán (R/Magdalena, 202-204 - 15402 Ferrol (A Coruña).
 
 O vindeiro xoves 16 de abril, Francisco Xavier Redondo Abal vai presentarnos o seu libro “Bibliotecarias e bibliotecarios “infames”: a depuración franquista do corpo bibliotecario republicano. O caso galego” (Santiago: Laiovento, 2014), un traballo dedicado á investigación da represión contra aquela xeración de mulleres e homes que na Galiza e no período previo á guerra civil protagonizaran un progreso sen precedentes no eido bibliotecario.
 
Francisco Xavier Redondo Abal é licenciado en xeografía e historia, e traballa como bibliotecario na Universidade de Santiago de Compostela. Ten publicado diversos libros arredor da historia contemporánea de Galiza, e especialmente sobre a historia das bibliotecas no país. Entre as súas obras destacan: Botarse ao monte (2006), O fulgor e as tebras: as bibliotecas na Galiza da II República e a súa destrución durante a guerra civil (2009), e pescudou no paradoiro da bibliotecas de persoaxes da altura de Santiago Casares Quiroga ou Alfonso Daniel Rodríguez Castelao.
 
“Este é un libro de historia, sí. Ben feito. Impecábel. Mais tamén un libro que fai historia: un acto de verdade, xustiza e reparación. Bibliotecarias e bibliotecarios “infames” semella escrito coa perseverancia luminosa do guizo, ese pao resistente onde a lingua de lume faise lapis, nun movemento ben sutil” (Do limiar de Manuel Rivas)

Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.