1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

240215 rpdcGaliza - Mar de Lumes - Xoves 26 de Febreiro, ás 20h, na Biblioteca Municipal de Marín.


A Asociación Mar de Lumes – Comité Galego de Solidariedade Internacionalista organiza o próximo xoves 26 de febreiro un acto público co título "Un galego na República Popular de Corea". O acto desenvolverase na Biblioteca Municipal de Marín ás 20h.

No ano 2014 dous galegos foron coñecer de primeira man como era a realidade da República Popular de Corea. Un deles, Anxo Benigno López, falará das súas experiencias e impresións neste país do oriente.

Coñeceremos de primeira man, e sen intermediarios tendenciosos, como é a realidade de Corea do Norte. Como viven os seus habitantes, como son as súas cidades. Todo contado por un "Marco Polo" galego que foi ao cabo do mundo para coñecer un país moi distinto o noso.

Temos que ter en conta á hora de avaliara a realidade da península de Corea que os dous países que a conforman continúan oficialmente en guerra. Que se nós vende que hai unha Corea ditatorial e unha Corea "democrática", cando en realidade Corea do Sur foi até fai pouco unha ditadura militar e hoxe en día ilegalízanse partidos políticos e encérranse sindicalistas con total impunidade.

Mar de Lumes é unha organización galega que traballa no ámbito da solidariedade internacional e ten como principios fundamentais combater o imperialismo, apoiar os procesos de emancipación e internacionalizar o conflito nacional galego.

Marín, 24 de Febreiro de 2015.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.