Este mércores 25 de Febreiro manifestacións coordenadas en todas as cidades galegas (Vigo, A Coruña, Lugo, Santiago de Compostela, Ourense, Pontevedra e Ferrol).
En Ferrol concentraremo-nos, ás 7,30 da tarde, na Praza de Armas, logo decidiremos en Asemblea se nos desprazamos en marcha até a Praza Amada Garcia, diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, subindo pola rúa Galiano. Pretendemos quentar motores, pois o 21 de Marzo volvemos a Madrid camiño da Folga Xeral convocada para o conxunto do territorio do Estado o 22 de Outubro.
Este 25F manifestamos-nos por:
Por un plan de choque contra o paro e pola renda básica.
Carga de Traballo para o Naval. Poñer os estaleiros a funcionar.
Traballo Digno, Traballo Decente, Traballo con Dereitos!!
Por un traballo digno na Nosa Terra !!!