1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (1 Votos)

161214 colheiteirasGaliza - Coletivo Terra - Esta sexta-feira 19 ás 20:00, presentarase no local o calendario en beneficio do proxecto Mulleres Colleiteiras.


 Contaremos coa presenza de Rocío Botana de arquitectos sen fronteiras, Gabriel Tizón fotógrafo do calendario e unha representación das mulleres protagonistas do proxecto.

Mulleres Colleiteiras é unha iniciativa de autoemprego que busca fomentar o empoderamento e autoestima das participantes, recollendo os seus desexos por unha vida mellor, as súas ganas de emprender e sentirse donas do seu futuro.

Máis de 20 mulleres xitanas e ciganas, residentes nos asentamentos de As Rañas e da Pasaxe comenzaron a traballar xa fai máis dun ano na recollida de aceite usado, de forma voluntaria co desexo de que servise como ferramenta para mellorar as súas condicións de vida.

Este residuo utilízase, cun proceso de refinado posterior na produción de biocombustible, entre outros. A día de hoxe, estas mesmas mulleres están a participar no proceso de constitución dunha cooperativa que dará a forma definitiva a este proxecto e permitirá a súa emancipación e acceso a un traballo normalizado.

Mais información en mullerescolleiteiras.blogspot.com.es

Este calendario realizouse con imaxes do fotógrafo Gabriel Tizón, en beneficio do Proxecto. Doce amables imaxes que nos achegan os rostros destas grandes mulleres.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.