Pedro Trigo e o seu irmán Xulio — tristemente falecido na acción — foron dous dos galegos que, emigrados en Cuba, se uniron ao pobo cubano na súa loita contra o imperialismo norteamericano e polo socialismo.
O acto, que se celebrará na Facultade de Belas Artes de Pontevedra (eis o evento nas redes sociais), a carón da Alameda, terá o seguinte programa:
18h00: Proxección do documentario Fuimos el inicio — Recuerdo del asalto al Moncada.
19h30: Palestra sobre a situación con Pedro Trigo e intervención do cónsul de Cuba, José Antonio Solana.
Finalmente, trasladarémonos á Adega dos Avós para unha cea-homenaxe a partir das 22h00. Para asistir á cea, é necesario reservar prazas, enviando un correo co nome das persoas que acudirán, no seguinte enderezo:mardelumes@gmail.com.
Encamiñamos tamén o cartaz do acto, para o que pregamos difusión.