1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (1 Votos)

181114 despejosGaliza - STOP Despejos Compostela - Stop Despejos Santiago de Compostela convoca unha protesta o día 20 xoves ás 11 da mañá fronte ao Concello de Ames, contra a súa nefasta xestión e, en particular, a concellería de Asuntos Sociais.


A orixe da protesta é o corte de subministro de auga que se realizou a pasada semana a varias familias. Cada vez que existen impagos de tres recibos, a empresa concesionaria (Espina y delfin) remite nota ao Concello e o Concello nunca contesta, de modo que cada tres meses "Espina y delfín" procede aos cortes por silencio da concellería de Asuntos Sociais.

Dende o noso punto de vista, a concellería debería levar rexistro de cales son os casos de familias con dificultades económicas extremas e proceder a condonar o recibo de auga, toda vez que non realiza outras axudas de tipo económico.

Stop Despejos acudíu o pasado venres a xestionar a reposición de auga a unha veciña de Milladoiro con menor ao seu cargo e que está desasistida totalmente por Asuntos Sociais. Dita oficina sabía que ían cortarlle o auga, pois así llo anunciaran, mais non fixeron nada por impedilo.

Activistas de Stop Despejos, dirixíronse entón á empresa concesionaria a cal accedeu a conceder unha prórroga para o pago dos recibos e restableceu o subministro de auga a media tarde.

Dende Stop Despejos queremos denunciar a actitude de prepotencia e irresponsabilidade da concellería en cuestión, pois non só nos recibíu nun corredor, senon que se desentendeu totalmente do problema, aduciendo que non era da súa competencia.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.