1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

071114 marchaGaliza - Ártabra 21 - As Marchas da Dignidade manifestaron-se en Ferrol como no resto das cidades da Galiza, para anunciar a grande mobilización 'Ocupemos o Obradoiro' do 29N.


A Ruada da Dignidade avanzou polas rúas de Ferrol enfrontando o vento e a chuvia que acompañou.esta tarde á reivindicación de Pan, Traballo e Teito!

O obxectivo deste rueiro era informar á cidadanía da mobilización do 29 de Novembro que baixo o lema "Ocupemos o Obradoiro", pretende encher de xentes vindas de diferentes puntos de Galiza, a cidade de Compostela.

Polo dereito ao traballo, pola defensa dos servizos públicos, polo dereito a unha vivenda digna, contra a corrupción, por unha auditoria da débeda, contra o abuso bancario,... son algunhas das reivindicacións que se escoitaron nesta marcha que rematou nunha asembleia a micro aberto, diante do edificio da Xunta.

De Ferrol partirán autobuses o propio día 29 de novembro, e unha columna partirá andando o dia 24 para unirse á columna que partirá d'A Coruña e cubrir os 100 quilómetros que separan a comarca Ártabra da capital de Galiza.

#29NeuVOU #29NOcupemosObradoiro
O 29N en Compostela en "Ocupemos o Obradoiro", cinco columnas das Marchas da Dignidade sobre Santiago de Compostela. E no resto dos territorios e nacións do Estado, o 29N cinco millóns de persoas na rúa contra o réxime corrupto, polo PAN, TRABALLO e TEITO.

Aberta a inscrición para participar nas marchas do 29N:

. Camiñando do 24 ao 29 de Novembro.

. En Autobús o 29 de Novembro.

Contacta con nós enviando un correo a:
marchasdadignidadeferrolterra@gmail.com

O 29N, Ferrolterra Vai!

 


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.