1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

DSCN2982Galiza - Ateneu Ferrolano - A finalidade cultural é a prioridade do Ateneo Ferrolán. Dende 1976, as socias e socios do Ateneo Ferrolán, as xentes da bisbarra, veñen colaborando na creación dunha biblioteca/hemeroteca especializada en Ferrol e a súa historia e a xenerosidade de moita xente ven permitindo a preservación da historia e do noso patrimonio, mentres que as cotas das persoas asociadas ao Ateneo permite que estas obras estean disponibles para todo o público en xeral.


Foto do Ateneu Ferrolano - A biblioteca / hemeroteca da entidade.

Non existe ningún apoio do gobernó municipal neste eido e ademáis, hai incluso unha actitude belixerante contra o traballo cultural do Ateneo, que se ven expresando co confinamento nas plantas superiores do edificio sede do Ateneo Ferrolán e coa negativa a pagar os gastos que o Ateneo tivo que facer por mor da obra municipal de rehabilitación do edificio. E malia todo, o Ateneo mantén a súa tradición como lugar de preservación, posta en valor e difusión da nosa cultura, e segue recibindo doazóns particulares; neste caso José Mª López Dafonte fixo entrega na biblioteca do Ateneo Ferrolán dunha serie de materias bibliográficos de gran valor histórico, tanto para a bisbarra, como en xeral para a cultura galega. Das numerosas publicacións cedidas, unhas 200, cabe destacar un importantísimo fondo sobre a educación en Ferrol nos inicios do século XX, con obras da Escuela de Artes y Oficios de Ferrol (reglamentos, memorias, guias, etc), Sociedad Española de Construcción Naval, Cuerpo de Maquinistas de la Armada, do Centro Obrero de Cultura de Ferrol.....até unha guía de Ferrol de 1951 "La Ciudad de El Ferrol del Caudillo".

Así mesmo, documentación en torno ás Escolas das Institucións de Beneficiencia e Previsión da Sociedade Española de Constucción Naval en Ferrol (1915-1936), un plano da súa primeira ubicación na rúa do Sol, unha relación do seu profesorado, dos seus dous directores, Andrés López Otero e o seu fillo Andrés López Dafonte, libros da súa biblioteca e os pertencentes a Andrés López Otero nas súas viaxes de estudo; tamén documentación da Escola Elemental do Traballo de Ferrol, fundamentalmente de Andrés López Otero, que foi o seu director no curso 1935-1936. Un conxunto documental de enorme interese que enriquece os fondos do Ateneo Ferrolán e sen dúbida permitirá a realización de novos estudios da nosa historia.

Deste xeito, o Ateneo segue a reafirmar o seu compromiso na preservación e comunicación da cultura e da memoria desta cidade e das súas xentes. É un orgullo para o Ateneo continuar facendo este traballo en beneficio de toda a sociedade. Ao tempo, animan a xente que posúa publicacións periódicas ou libros editados en Ferrol a contribuir a conservar e difundir o noso patrimonio bibliográfico e hemerográfico, levando os exemplares ao Ateneo Ferrolán para a súa cesión ou ben para a realización dunha copia dixital do orixinal.

O Ateneo agradece enormemente esta doazón a José María López Dafonte, que continúa o camiño aberto por otras donacións anteriores. Agradecen tamén, naturalmente, todas aquelas que poidan chegar no futuro, especialmente en momentos en que a entidade está pasando por momentos difíciles. Estas cesións expresan á confianza na tarefa emprendida polo Ateneo Ferrolán e a xenerosidade e o compromiso cultural das nosas veciñas e veciños, e son ao tempo o contrapunto da prepotencia, a irrespionsabilidade e a incapacidades dos responsabeis culturais da cidade de Ferrol.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.