1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

031014 curaGaliza - ECOAR - Nesta sexta 3 de outubro, ten lugar un roteiro guiado polo Barrio do Cura, ás 19:30h., partindo desde a Oliveira de Vigo. 


Este roteiro, por suposto aberto á cidadanía, pretende amosar ás persoas asistentes os tesouros patrimoniais ocultos (ou mellor dito, silenciados) neste barrio, así como as súas posibilidades, deixando tamén claro cales son os plans previstos para o futuro e as consecuencias que este proceso de especulación no que se atopa poderían ter, no tocante á perda de patrimonio, empeoramento da calidade de vida da veciñanza e eliminación de zonas verdes.

Ao remate do roteiro, terá lugar unha actuación das músicas Bea Laborda (cello) e Elena Vázquez (violín).

Esta actividade ten lugar no marco de Recuperar Os Barrios, unha nova campaña de acción e sensibilización cidadá en defensa de distintos barrios e espazos da contorna viguesa. A iniciativa, promovida por ECOAR))), pretende protexer e recuperar o patrimonio cultural, histórico, artístico e natural da comunidade actualmente ameazado por procesos especulativos, así como dignificar a memoria colectiva e as diferentes persoas que o constrúen e o habitan. A campaña terá como protagonistas, nesta primeira fase, o Barrio do Cura e a Panificadora de Vigo, dous referentes da cidade que actualmente son vítimas do abandono, o deterioro e o afán de lucro.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.