Ademais, unha cuarta parte da poboación da Faixa viuse obrigada a abandonar as súas casas e a converterse en desprazados internos.
Pero o alto ao fogo non remata coa ocupación. A pesar de que a Carta das Nacións Unidas e as resolucións do Consello de Seguridade das Nacións Unidas insten a unha retirada israelí dos territorios ocupados na guerra de 1967, os palestinos seguen sumidos nunha situación colonial.
Por todo isto, dende a Liga Estudantil Galega organizamos xunto co Colectivo de Solidariedade Internacionalista "Mar de Lumes" unha palestra informativa sobre o que acontece en Palestina na actualidade, para a cal contaremos coa presenza de Elvira Souto de BDS-Galiza e Sami Ashour de Jenin.
Será o xoves 25 de setembro ás 19h30 na aula 16 da Facultade de Belas Artes de Pontevedra.