1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

170914 iacGaliza - CUT - O pasado 10 de setembro reuníronse en Barcelona as organizacións sindicais nacionais e alternativas do estado español. Precisamente facíase un ano dunha xuntanza similar da que naceu a inicitiva do Movemento do 22M ou Marchas da Dignidade.


As organizacións presentes neste encontro que tivo como anfitriona á Intersindical Alternativa de Catalunya (IAC), foron: CUT de Galiza, LAB e ESK de Euskal Herria, IV do País Valencía, SAT de Andalucía, CSI de Asturies, IC de Illas Canarias, CUT de Aragón e Confederación Intersindical.

Ademais do correspondente debate sobre a conxuntura socio laboral, as organizacións presentes no evento debateron tamén sobre a represión sindical e a necesidade de articular respostas coordinadas desde o sindicalismo alternativo.

Os sindicatos presentes asinaron de man d@s seus/súas secretari@s xerais unha declaración sobre o dereito a decidir das nacións sen estado e en apoio ó proceso soberanista catalán.

Catalunya, é unha nación e que o pobo catalán é o seu suxeto histórico e político, no que reside a plena soberanía e que nel recae ol dereito a decidir e, por elo pode dotarse das formas de organización, democráticas, políticas e sociais que libremente queira escoller.

A celebración dun referéndum onde o pobo catalán poida decidir seu futuro político, é un dereito e unha exixencia democrática e, polo tanto, os asinantes damos soporte de forma clara e sen fisuras á consulta que se quere celebrar o día 9 de novembro para que o pobo de Catalunya poida decidir seu futuro e constituir un estado independiente, si ésta é a súa vontade.

Exiximos ó goberno e as institucións españolas que respeten a vontade do pobo catalán para que o próximo 9N poida votar e decidir seu futuro político. En caso que a consulta sexa prohibida, e o pobo catalán decida utilizar a desobediencia civil como garantía para que ésta poida celebrarse, nos comprometemos a estar a seu lado para facela posible.

No marco da celebración da Diada a CUT participou en distintos actos organizados pola IAC e o Proces Constituint.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.