Galiza - LEG - A cidade de Compostela acolleu a nosa III Asemblea Nacional baixo o lema "Ensino digno nunha terra ceibe".
Despois dun longo proceso de debates e propostas en todas as asembleas do país, somos quen de presentar unhas teses que analizan os problemas do ensino e a sociedade actual, co obxectivo de fortalcernos e ser quen de artellar un mellor discurso e marcarnos unha mellor folla de ruta.
Aquí deixamos as teses para a vosa consulta.
Por primeira vez a Asemblea de Mulleres da Liga Estudantil Galega, presenta unhas teses propias. Buscamos por un lado unha mellor autocrítica no papel que ten o feminismo dentro da nosa organización, co fin de mellorar e acadar unha verdadeira transversalidade en materia feminista. Por outra banda, tamén analizamos o contexto político actual dende unha óptica crítica e pedagóxica.
Por último os nomes do Consello Nacional entrante:
Patricia Eijo Gómez – Compostela
Iago Barcia – A Coruña
Iván Rodríguez- Compostela
Raquel Vázquez – Compostela
Alberte Paz- Pontevedra
Andrei Quintiá – Compostela
Alba Cividanes – Compostela
Víctor Giadás – Compostela
Diego Rodríguez - Compostela
Artai Fernández- Ourense
Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.