A CUT considera plenamente atinxidos os obxectivos marcados para o pasado 21 de xuño: amosar a oposición da clase traballadora galega ante as políticas antiobreiras e regresivas ditadas polo Gran Capital e implementadas pola Troica e os governos sometidos ao seu mandato, como é o caso do que ostenta agora o poder na Xunta de Galiza.
Para a CUT o factor máis importante desta mobilización popular foi a confluencia na loita de diversas sensibilidades sociais e políticas, de diferentes organizacións obreiras, civís e políticas unificadas sob unha mesma reclamación: Pan, Traballo e Teito, a esixencia dunha vida digna para a clase traballadora galega.
A CUT observa tamén umha mudança de estratexia no tratamento que o governo espanhol fixo desta mobilización das Marchas da Dignidade respecto da do pasado 22 de marzo en Madrid. Naquela ocasión, a represión brutal da policía, a provocación indisimulada e a intoxicación informativa foran as armas coas que se pretendeu deslexitimar as Marchas, agora o goberno do PP emprega unha política de “integración”, tentando desarticular, mediante o aparente diálogo, o potencial subversivo das Marchas.